Está en la página 1de 4

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN

Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003


Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS
Boletín Informativo
Decano de la da Biblioteca
prensa náutica del Barbanza do
CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº 55
FEBREIRO 2009

MANUEL DANIEL VARELA BUXÁN

O
vindeiro mércores, 4 de marzo de 2009 festexamos os SUMARIO
cen anos de Manuel Daniel Varela Buxán, o Patriarca do
Páx. 1
Teatro Galego, cunha xornada de confraternidade co
"MANUEL DANIEL
CEIP Varela Buxán de Cercio; asemade, haberá unha exposición
VARELA BUXÁN
fotobibliográfica,representacións teatrais, poesía, música,
Páx. 2
bailes… e todo para honrar ao noso ilustre persoeiro e veciño de
" O NACEMENTO E A
Sanlouzáns (Lamas) que deixou escrito, “o mellor Faro para
INFANCIA (1909-1921)
impedir que os pobos tropecen é unha Escola”.
Páx. 3
"A UNIÓN DE RUBÍN”,
UNHA ESCOLA
ANOVADORA
Páx. 4
" NA PROCURA DO
SOÑO ARXENTINO
(1930-1950)

PANTONE H680 7C
Páxina 2 PEREIRIÑOS

O NACEMENTO E A INFANCIA (1909-1921)

Manuel Daniel Varela Buxán nace o dous de marzo de 1909 no lugar de


Sanlouzáns, freguesía de San Verísimo de Lamas, concello da Estrada, na casa de
Carmela de Souto, ama da súa nai.
O pequeno Manuel Daniel era fillo de solteira de Ángela Buxán Vilela, unha desas
mulleres xornaleiras que chegara ás
terras da Estrada fuxindo da miseria, da
pobreza que asolagaba ao país, á
procura dun futuro, dun porvir.
Ao día seguinte do seu
nacemento -daquela adoitábase facer
axiña por mor da forte mortandade
infantil-, Manuel Daniel bautízase na
igrexa de Santa María de Rubín cos
apelidos maternos (ao non ser
recoñecido polo pai) de Buxán Vilela.
Foron padriños, Manuel Castro
González, oriúndo de Lamas e Manuela
Folgar, oriúnda de Tabeirós e veciña de
Pardemarín.
A vida non era doada para Ángela, que se ve na obriga de deixar ao seu fillo na
casa da viúva Pilar Figueiras, que vivía moi preto, no lugar do Carballal, na mesma
parroquia de Lamas. Pilar Figueiras será a encargada de agarimar e coidar ao pequeno
Manuel Daniel, que a penas contaba con tres anos.
No entanto, o noso protagonista medrou feliz xogando cos demais pereiriños de
Sanlouzáns e Carballal, correndo e brincando ledo por entre os vizosos campos de millo,
indo ás troitas ao Liñares e perdéndose coa imaxinación polos verdes prados da fermosa
parroquia de Lamas.
No ano 1919, Ángela casa con Xesús Varela. Traballan de caseiros en distintos
lugares de Lamas: Riamonde,
Abelleira...; marchando máis tarde para a
parroquia de Santa Cristina de Vinseiro,
no mesmo concello da Estrada, e,
establecéndose definitivamente, anos
máis tarde, no lugar das Pallotas na
parroquia de Cercio, Concello de Lalín.
En 1921 a vida deste mozo que soñaba
cun teatro galego vai pegar un xiro
importante ao morrer Pilar Figueiras e ter
que ir vivir cos seus pais a Cercio, ao
lugar das Pallotas. Nesta época muda
definitivamente de apelidos, converténdose en Varela Buxán, ao ser recoñecido por
Xesús Varela. Por volta deses anos, traballa de zoqueiro e toca o cornetín e o baixo na
banda de Mato; é coñecido, polos seus veciños e amigos, como “Daniel das Pallotas”.
O espazo vital no que transcorreu a súa infancia, a aldea, vai ser determinante á
hora de artellar un teatro de fonda raigame galega.
Nº55. FEBREIRO 2009 Páxina 3

“A UNIÓN DE RUBÍN”, UNHA ESCOLA ANOVADORA


Varela Buxán cursou estudos primarios na anovadora “Unión de Rubín”, no
concello da Estrada, unha escola mixta, construída grazas á axuda da Sociedade de
Instrución “Unión de Rubín” de Cuba, onde estaban todos os adiantos pedagóxicos da
época.
As clases na “Unión de
Rubín” eran prácticas,
dábaselle maior atención á
experimentación dos nenos e
nenas, que partían
primeiramente do coñecemento
do seu propio contorno para
pasar despois ao máis afastado.
Xunto a esta función, que sería
a de transmitir a nosa herdanza
cultural dunha xeración a
outra, a escola do neno Manuel
Daniel tería outro obxectivo
máis ambicioso que sería o de
renovar a sociedade: crear
personalidades libres, fomentar
a capacidade crítica e facilitar o progreso humano, proporcionando aos labregos unha
educación técnicaagrícola e cultural.
Así pois, non é de estrañar -como o mesmo Varela Buxán recoñece-, que a escola
de Rubín lle vai deixar unha fonda e
inesquecible pegada no seu percorrido vital.

En 1941, escribía verbo da súa escola:


...quero aporveitar pra dar as máis
sentidas graceas aos hirmáns estradenses de
Cuba, por haber feito unha escola n´a que se
m´insinóu a formar as pirmeiras letras e
números: “A escola de Rubín”. N´aquela escola
qu´os mastica-hostias, acende-cirios e manexa-
botafumeiros tildaban de laica, por ser n´a que
menos incenso se queimaba, imsinóusem´a
coñecer e querer o qu´está ben, rechazar e
odiar o qu´está mal; d´aquela escoliña, graceas
a práutica e liberal insinanza d´os seus mestres,
saiu o meu espritu alumado c´os destelos d´a
luciña que parte d´o potente farol d´a
libertade, i-a miña concencia pulida de tal xeito
que m´obriga a entender qu´os homes, pol-o só
feito de perteñecer a especie humán, somos
diños de que se nos diferencie d´as demáis
bestas…
NA PROCURA DO SOÑO ARXENTINO (1930-1950)

Con vinte anos cumpridos Varela Buxán embarca, cun seu irmán máis novo, no
peirao de Vilagarcía rumbo á Arxentina. Na maleta tan só un soño, escribir e representar
teatro.
Logo de vinteún días de dura travesía, chegan ao porto de Bos Aires; alí, son
recollidos por unha tía que os aloxa na súa casa. O seu irmán vai á escola e Varela Buxán
ponse a traballar. Fai de todo, estivo un ano de garda de tranvía (atendendo aos
pasaxeiros, vendendolles os “boletos”); traballou de taxista e de chofer en liñas de
microbuses (ómnibus pequenos de once ou doce prazas dedicados ao transporte de
viaxeiros); corrector de probas da editorial “Bajel” e de vendedor de libros, traballos que
sempre compaxinou coa escrita e dirección teatral.
O catorce de abril de 1931 remata nunha habitación,
fronte ao edificio da Embaixada Española, a súa primeira
comedia, Se o sei...non volvo á casa, xusto no día no que -
segundo ten declarado - ve, por primeira vez na súa vida, a
bandeira republicana española. É entón cando decide
integrarse no coro “Lembranzas da Terra” por procurar de
catar aos artistas que habían de levar a súa obra ao teatro.
Así foi como o vinteoito de decembro de 1938, logo de
cinco meses de ensaio, a “Compañía de Arte Regional Gallego
Aires da Terra”, estrea no Teatro Maravillas de Bos Aires, Se o
sei...non volvo á casa (comedia dramática en tres lances).
A partires deste momento a Compañía pasou a
chamarse, “Compañía Gallega de Comedias Maruja
Villanueva”, a primeira compañía profesional de teatro
galego, sen ningún tipo de subvención, vai traballar,
regularmente (1938-1946), nos mellores teatros da capital
Arxentina (Maravillas, Mayo, Avenida, Variedades, Liceo,
Argentino, ...) e das provincias (La Comedia de Rosario, Roma
de Avellaneda), e tamén no Teatro Solís de Montevideo.
A Compañía ten abertos todos os teatros da Cidade da Prata e mesmo, dous
empresarios teatrais Brasileiros, chegaron a ofrecerlle contrato por seis meses para
representar as súas obras no Brasil, pero por mor das ocupacións profesionais dos
compoñentes da Compañía (a metade tiñan traballos en Bos Aires) non puideron aceptar a
oferta de levar o teatro galego ao Brasil.
O soño arxentino cumprírase, e o dramaturgo vivía feliz escribindo e enchendo os
teatros sempre a carón dos seus inseparables, Maruxa Villanueva (“a raíña do alalá”) e
Fernando Iglesias, “Tacholas”.
No cumio teatral, o catorce de outubro de 1941, Varela Buxán casa en Montevideo
con Maruxa Villanueva, a parella sepárase en 1946, o que o leva a fundar a “Compañía Boga
Tacholas” que só chegaría a representar O Ferreiro de Santán.

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A CULTURA GALEGA...


CEIP DO FOXO

También podría gustarte