Está en la página 1de 2

Acta-resumo da presentación do libro:

‘Desexo de cidade: arquitecturas revolucionarias’

Introdución
Juan Freire

O libro que nos propón Cristina García-Rosales pretende achegarnos outras formas de construí-la cidade. Son
procesos que cada día acadan unha maior relevancia, e que porén, non son recollidos nos medios de
comunicación tradicionais, de aí a importancia de facelos visibles.
Estamos a falar de iniciativas levadas a cabo por colectivos diversos que teñen como obxectivo a incidencia sobre
a cidade dende distintas perspectivas, traballando na colaboración, na participación e na posta en marcha de
mecanismos variados de actuación.
É salientable o peso que en todos estes proxectos ten a tecnoloxía dixital, mais non só coma unha ferramenta de
traballo ou difusión, senón coma unha filosofía (código aberto, web 2.0, etc).

Presentación do libro
Cristina García-Rosales

Existe a necesidade de novas formas de entender e facer arquitectura. A arquitectura de hoxe en día debe tomar
camiños diferentes ós que estamos acostumados, incorporando novos referentes, dando resposta a outras
cuestións. Precisamos dunha arquitectura máis comprometida e crítica, afastada das lóxicas da imaxe e o
espectáculo.
Deste xeito, o libro recibe o subtítulo de arquitecturas revolucionarias, xa que os proxectos recollidos nel buscan
romper as inercias habituais e apostar por outras dinámicas de pensar e construí-la cidade.
Os colectivos dos que parten as iniciativas son moi heteroxéneos entre si. Nalgúns casos os seus integrantes son
arquitectos mais noutros non. Aínda así, pódense sinalar unha serie de características comúns a todos estes
grupos, coma por exemplo:
 traballan dende a independencia e a autoxestión;
 constitúen movementos sociais cunha actitude política (igualdade, pacifismo, xénero, sostenibilidade,
etc.);
 todos parten dunha análise crítica da cidade;
 desenvolven a súa labor a pé de rúa (a lo menos nalgunha das etapas), traballando cos veciños;
 dispoñen de poucos medios, polo que as súas intervencións son de baixo custo;
 internet é un medio fundamental na súa labor.
O libro recolle dezaoito destas iniciativas, repartidas por toda a xeografía estatal.

Debate

O debate pretende xirar entorno á construción comunitaria da cidade, indagando nas ferramentas dispoñibles,
cuestionando as limitacións destes procesos e intentando facer explícitas as súas virtudes.
Participan nel os poñentes Juan Freire, Cristina García-Rosales e Fernando Cabal (Mandala ediciones) e o público
asistente. A moderación corre a cargo membros da Rede de Dereitos Sociais.
Por mor das dinámicas inherentes a este tipo de coloquios, onde as reflexións non sempre xorden dun xeito
ordenado, óptase por agrupar as opinións atendendo a temáticas clave, e non seguindo unha estrutura temporal.
* Ábrese o debate coa cuestión de cal debería ser a relación entre os distintos axentes que participan na
construción da cidade (administración, mercado, técnicos, cidadanía), valorando se é posible traballar dende a
independencia ou pola contra a cooperación é inevitable. Os puntos de vista son dispares:
 O “músculo social” é o único imprescindible nestes procesos.
 A casuística de relacións posibles é ampla, non sendo sempre evidente que interese máis a
independencia respecto da administración, xa que existen iniciativas nas que o resultado da colaboración
con ela foron moi positivos. Ademais, habería que distinguir dentro de estes proxectos aqueles cunha
vontade de transformación auténtica, pois algúns son elitistas.
 A negociación non ten sentido, pois é un instrumento que a propia administración adopta para nos
atontar, e ademais non se pode negociar sobre o que xa é noso. A única vía é o enfrontamento (loita
contra o neofascismo) e a independencia.
 O debate non debe ser tanto negociación vs independencia, xa que podería ter lugar un bo proceso de
negociación a partir dunha posición de forza clara por parte da cidadanía.
 Hai cabida para distintos modelos de traballo, xa que o importante son os pequenos aportes parciais e
relativos de cada proxecto.

* Outra das cuestións esbozadas foi a que intentou buscar mecanismos para a construción independente:
 A administración non pode mante-lo control absoluto sobre a cidade e sobre os recursos que manexa.
Polo tanto, quedan intersticios onde é posible actuar.
 A educación é clave para acadar a implicación da cidadanía.
 É importante que a xente teña claras as posibilidades de actuación para que se implique nestes
procesos: identificar os axentes, desentrañar a realidade.
 A xente ten que tomar conciencia, espertar e romper coa manipulación á que é sometida pola enxeñería
social imperante.
 É necesario que a xente teña coñecemento da realidade que lle rodea, das problemáticas existentes; a
importancia da información adecuada.
 Temos que valorar cada proceso, a diversidade de liñas de acción, a oportunidade que supón cada una
delas, experimentar, investigar.
 A secuencia de traballo que funciona é investigación-acción-comunicación.
 Sen unha reflexión previa que permita definir uns obxectivos a acadar, sen unha actitude política clara,
sen un verdadeiro discurso progresista que aposte polo cambio social dende o rexeitamento frontal do
sistema capitalista, moitos destes procesos non van ter ningún calado, converténdose nun actuar por
actuar, nun mecanismo de autocompracencia.

Conclusións:
 Multiplicidade de modelos de relación/conflito entre axentes sociais e públicos.
 Importancia dos aportes parciais de cada proceso no avance para unha construción colectiva
da cidade
 Importancia da toma de conciencia pola cidadanía de cara a súa implicación, e neste sentido
da visibilización das problemáticas existentes e das liñas de actuación posibles.
 Necesidade de corpo social activo capaz de xerar conflicto fronte as institucións e os
mecanismos de poder públicos.
 Desafecto pola política representativa e conciencia colectiva da necesidade de construción
de propostas autónomas de carácter realmente público desde abaixo.

También podría gustarte