Está en la página 1de 1

GRUPO B

(Programación Febreiro – Xuño 2011)

Próspero e Bonifacio son dous rapaces que tras a morte da súa nai foxen a Venecia para
librarse da custodia dos seus tíos. Cando chegan á cidade reciben a axuda de Avispa,
Mosca e Riccio, que viven nun vello cine abandonado. Todos eles manteranse co que lles
entrega O Señor dos Ladróns, en realidade un mozo duns dezasete anos que lles leva
obxectos roubados para que os vendan.

Nicolás decide abandonar a escola tras un


enfrontamento co profesor de matemáticas que o convenceu de que
non ía aprender nada útil nela. A partires de entón estreitarase a súa relación co seu
tío; un personaxe estraño que é admirado polo seu oficio de reloxeiro, pero desprezado
polo seu peculiar xeito de vida.

A engaiolante historia dunha rapaza na loita por procurar a súa identidade a


principios do século XX. Mentres a súa nai insiste en facela aprender a tocar o piano,
coser ou cociñar, Calpurnia interésase polos segredos agochados na biblioteca ou no
laboratorio do seu avó. Este home, aparentemente antipático, será quen de agasallala
co libro que a fará mudar para sempre: “A orixe das especies” de Darwin.

O pintor Adrián Novoa, incitado polo seu amigo Xavier, compra unha casa colonial
nunha vila de Galicia. É a casa dos seus soños. Nela quere procurar a paz necesaria
para explorar novos camiños na súa pintura. Pero a casa agocha un fondo misterio
que atrapa a Novoa como un imán.

También podría gustarte