Está en la página 1de 42

C

CEIP.
O
A U
M S
O A
R S

R N
U O
I S
B A
A
S
L

BARRO IX

2008/09
2
É a grande novidade deste
curso. Entre todos os nenos e
nenas eliximos a Mimi como
mascota do colexio.
Democraticamente, votamos o
debuxo , e o nome. A gañadora
do debuxo foi Aroa, de
6ª.Agora Mimi acompañaranos
a todas partes.
CON AMOR

Con amor,

POEMAS DE unha flor.


Para ti unha rosa
por ser tan fermosa.

AMOR Con amor,


unha flor.
Para ti unha margarida
por ser tan bonita.

Con amor,
para ti un tesouro
que brille tanto
como o teu polo louro.

Modesto Martínez Fernández 6ºB


OS IRMÁNS

Ti dis: amodo, amodo A NATUREZA É SABIA


e eu créoche todo.
Eu digo: ¡axiña, axiña! Ai, natureza, a gran natureza…
e ti dásme calmiña. ¡Que beleza
se me mete na cabeza!
Ti dis: non chores, non chores
e eu píntoche flores. Unha flor dun fermoso color
Eu digo: ¡xoguemos, xoguemos! digno, delicioso e á vez
E rimos forte, ¡que rebuldeiros! escandaloso.

Dásme a man para cruzar É o color do amor


eu aínda non sei mirar; e tamén o do dolor.
¡Que ben senta ir pola vida A paixón dunha canción.
man con man
na túa compañía! Por iso a natureza é sabia.

Breixo Abal Domínguez. 6º A Braian Traico Romero 6ºB

4
OS TEUS OLLOS
COUSAS DO SABER
Son os teus ollos
Curioso son
como dúas estrelas
non sei o porqué
tan azuis, tan azuis
ledicia sinto
como o mar.
ao aprender.
Refléxanse no mar
Se presto atención
como dúas estrelas
saberei a lección
que me iluminan
e se escoito ben
ao camiñar.
poderei aprender.
Cristian Cortegoso Búa. 5ºA
Contar, cantar
escribir, ler
saber pensar
¡eu quero aprender!

CON MOITO CARIÑO Rodrigo Fernández Sartal. 6ºA

Con moito cariño


eu pódoche dar
biquiños salgados, A FLOR DO AMOR
areas de sal.
O amor
Con moito cariño é coma unha flor
eu pódoche mercar que vai medrando
o sol, as estrelas, e non se sabe ata cando.
a lúa para gozar.
Tremen as pernas
Con moito cariño late forte o corazón
pódoche expresar e aparece a paixón.
os milleiros de veces
que te quixen bicar. Para o amor non hai idade
é a mellor cura para a soidade.
O amor tamén desaparece
Sara Pulleiro Potel 6ºB e todo ten o seu cese.

Carlos Riveiro Cancela 6ºB


Alberto sempre nos fai as castañas
que nós comemos con gusto así que
se merece esta foto na revista porque sempre nos
coida moi ben

O magosto representa o
amor e por esto neste
xogo ai que darse case
un bico de compañeiros.

6
Coma todos os anos os
nenos de Infantil pasárono
moi ben cos xogos, e nós
pasámolo moi ben véndoos.
O Samaín

O Samaín chegou a Barro,cheo de


ilusión e gargalladas…
A mascota,Mímí,estuvo connosco todo
o tempo.

8
O NADAL
2008
Este ano pasado, 2008, celebrouse o
festival do Nadal. Cada clase actuou dun
xeito diferente: cantando, bailando ou
tocando a frauta.
Na foto da esquerda, temos os alumnos de
segundo interpretando a obra de teatro: “
DISPUTA EN BELEN ”.

Entre tantas actuacións,


non se pode elixir a mellor,
xa que todas eran moi
bonitas e entretidas.
A este festival acudiu moita
xente :pais, nais, irmáns,
avos, avoas….
En resumen, este festival
foi moi agradable.

10
Para celebrar o Día
da Paz, todos os
nenos do colexio
fixemos un Dominó
xigantesco con todas
aquelas cousas que
axudan e aquelas que
destrúen a Paz

12
En
febreiro festexamos o Antroido.
Cada clase tiña unha sorpresa
14
LETRAS
GALEGAS

O autor homenaxeado
foi Ramón Piñeiro.
Dedicamos moito
tempo a coñecelo.
E rematamos co día
grande:
-Concerto didáctico da
Escola de Música.
-Entrega Premio Mimi
-Audiovisual sobre
Ramón Piñeiro
-Festival
Moias cousas para un
día tan especial.
16
18
1º PREMIO MIMI
Este ano foi a 1ª edición do Premio Mimi á
persoa que máis destacou na defensa e uso
do noso idioma.
Os nenos de Quinto foron os encargados de
pórse en contacto con diferentes entidades
para que propuxeran candidatos: Asociación
de Pais, entidades culturais coma a Real
Academia e o Consello de Cultura,
Universidades… Todos aportaron o seu
candidato.
Logo os nenos do centro, por votación
eliximos un, ao que lle outorgamos un Mimi
reproducido polo escultor Francisco
Remeiseiro. O gañador deste ano foi
Ezequiel Mosquera, que tivo o detalle de
vilo recoller en persoa e deixounos un
recordo seu .

20
Saímos en
todos os
xornais.
O Proxecto Ríos consiste en escoller un río e estudalo para poder coñecelo
e protexelo mellor. Nós eliximos o Río de Santa Susana. A mediados do
mes de Maio os nenos de 6º e 5º fixémoslle a primeira visita

22
CHARLA SOBRE EDUCACIÓN CÍVICO-TRIBUTARIA
O 31 de marzo @s alumn@s de 6º de Primaria asistiron na Aula de Audiovisuais á charla informativa sobre
Educación Cívico-Tributaria. A presentación tivo un aspecto lúdico, achegándose @s nen@s ao mundo dos gastos e
ingresos públicos mediante un paseo por unha cidade virtual, visitando da man dun personaxe da “Xeración
T” (Xeración Tributaria) distintos “escenarios”: colexio, biblioteca, parque, centro de día, hospital, parque de
bombeiros, tren, tenda, oficina, Axencia Tributaria,…
Con posterioridade, @s alumn@s participaron nun concurso de redacción elixindo libremente un dos temas
seguintes:
“Carta dirixida a un defraudador” (¿Que lle dirías a un defraudador para intentar convencelo de que pague
impostos?).
“Se foras President@ dun país imaxinario en qué gastarías os cartos recadados mediante os impostos”.
O día 29 de maio, recibimos a noticia de que os traballos feitos por Jessica Alonso Sartal e Susana Abalo
Barros resultaran seleccionados dun total de oitenta e cinco redaccións presentadas a nivel provincial, levando o noso
colexio dous dos tres premios establecidos. O terceiro foi para un alumno de Tomiño.
Os organizadores convidaron a tódolos alumn@s de 6º, acompañados polas súas titoras, ao acto oficial de
entrega de premios, con ágape incluído, nunha xornada especial na Delegación da Axencia tributaria de Pontevedra o
día 9 de xuño. Jessica e Susana recibiron cada unha un diploma, un reloxo, un libro e o recoñecemento cariñoso dos
seus compañeiros.
Os traballos de Jessica e Susana pasarán á seguinte fase, na que se seleccionarán os gañadores nacionais do
concurso de redacción.
¡¡Parabéns!! E... ¡¡Sorte!!
Jessica Alonso Sartal. 6º A

CARTA DIRIXIDA A UN DEFRAUDADOR

Estimado Señor Rapíñez:

Dirixímonos a vostede para comunicarlle a súa situación. Estivemos a actualizar as nosas contas e
atopámonos con que ten unha grande débeda contraída co Estado.

Dende o ano 2.000 non pagou os impostos requiridos relativos ao seu coche, o seu garaxe, a súa casa
e a súa empresa.

Ademais, descubrimos que realizou actividades fraudulentas a través da súa empresa, pois vendo os
bens que obtivo, comprobamos que gañou moito máis do previsto.

Polo tanto, pregámoslle que regularice esta situación o antes posible, pois se non o fai, nos veremos
obrigados a embargarlle a súa vivenda, o seu coche, o seu garaxe, a súa empresa e os bens que se
consideren oportunos.

Como cidadán que é, debe saber que todos gozamos duns dereitos pero tamén dunhas obrigas entre
as que se atopan contribuír, de acordo ás posibilidades de cada un, ao ben común, pagando os impostos
estipulados a tal fin. Só así poderemos garantir servizos públicos de sanidade, educación, cultura,
seguridade cidadá, de comunicación, de ocio e tempo libre e outros.

Dispón dun prazo de dous meses para regularizar a súa situación. Poderá realizar o pagamento de
xeito aprazado, coa condición de aboar a primeira mensualidade antes do día 30 do presente mes.

Esperamos que se comunique connosco o antes posible ben por carta, e-mail ou teléfono.

Atentamente,

Jessica Alonso Sartal


Administración Tributaria Provincial
C/. Reiseñor, nº 49, 3º B
42003 Pontevedra
Tf: 986 73 45 60
689 50 43 20

24
Susana Abalo Barros. 6º A

SE FOSES PRESIDENTE DUN PAÍS IMAXINARIO, EN QUE GASTARÍAS O DIÑEIRO RECADADO MEDIANTE OS
IMPOSTOS
Queridos concidadáns:

Eu, Susana Abalo Barros, a vosa Presidenta, estou hoxe aquí para que saibades que non me esquezo de vós. Teño
que darvos unha fantástica noticia que encherá de alegría os vosos corazóns. E é que podedes contar comigo para todo o que
necesitedes. Non son unha Presidenta que se deixa arrastrar pola cobiza ou o afán de poder. Traballarei con tesón para
intentar resolver todos os vosos problemas, que son meus tamén. Porque quero ser para vós unha amiga que vos apoia, vos
axuda e vos tende unha man sincera.
O mundo cambiará comigo. As estrelas brillarán máis que nunca, a lúa iluminará aos necesitados. Ofrézovos
transparencia, benestar e felicidade.
Non me gusta a mentira, nin o engano, nin a traizón; nin moito menos o maltrato. Son das que van coa verdade por
diante e creo que o respecto está na base de todo bo cidadán.
Co bo facer de todos conseguiremos facer do noso país o mellor país do mundo. Rematouse a tristura. Limparei as
bágoas da vosa cara. Seremos os continuadores das nosas mellores tradicións, entre as que se atopan, o cultivo da amizade.
Como amigos loitaremos por construír un presente e un futuro mellor. Requirirá tempo, enerxía e diñeiro. O diñeiro que
recadaremos a través dos impostos para conxugar o verbo bentratar.
Si, concidadáns, RECADAR PARA BENTRATAR. Facilitando os medios necesarios para que recibades unha boa
educación: invertendo en colexios, institutos, centros de ensino para adultos e unha ampla oferta de programas educativos
para erradicar o analfabetismo; para aprender a ser, a saber, a saber facer e, sobre todo, a saber pensar.
Inverteremos en hospitais, en laboratorios e centros de investigación científica, sanitaria e tecnolóxica. Faranse
residencias alcanzables a todos os petos para que ningún ancián quede sen a oportunidade de vivir os seus últimos anos con
dignidade, tal e como o merecen.

Sendo como é a infancia unha preciosa idade, construirei en todas as prazas parques infantís, con bambáns,
tobogáns e cabaliños para que os nenos xoguen uns con outros, divírtanse e crezan felices.

Mens sa in corpore san". ¡Que importante é facer exercicio e deporte para a nosa saúde física e mental! Ximnasios,
piscinas, e todo tipo de instalacións deportivas ao aire libre e en pavillóns cos máis sofisticados aparatos de ximnasia non
faltarán no noso queridísimo país.

Todos e cada un de vós teredes un posto de traballo. Non vos regalarei nada. Terédelo que gañar polos vosos
méritos. Pero todos merecemos unha oportunidade, acorde coas nosas aptitudes, capacidades e competencias. E todos
terédela. Farei, pois, unha importante inversión para facilitar a formación e posterior inserción laboral de todos.

Persoal cualificado (policías, axentes, gardas) velarán pola nosa seguridade.

Un capítulo importante do noso presuposto será todo o relacionado co medio ambiente pois, se o coidamos, é a
mellor herdanza que lle podemos deixar ás xeracións futuras.

RECADAR PARA BENTRATAR, meus queridos concidadáns. Non o esquezades. Para que todos poidamos vivir en
paz, harmonía e liberdade.
O 7 de maio @s alumn@s de 5º e 6º de
Primaria recibiron na Aula de Audiovisuais a
visita de Samanta García-Carro, responsable de
Europe Direct Galicia, pertencente á Rede de
Información da Comisión Europea. O motivo era
conmemora-lo Día de Europa cunha presentación
en power point sobre os motivos da celebración,
seguida da proxección dunha película de debuxos
animados sobre o Euro, entrega de premios @s
gañadores do concurso de debuxo “¿Cómo ves
Europa?”e agasallos para tod@s (globos, pins,
piruletas e material informativo). Ao final do
acto, @s nen@s de 6º interpretaron “Oddity”, a
versión instrumental para frauta doce que fixo o
compositor francés André Dziezuk do Himno á
alegría de Beethoven (hoxe adoptado como o
Himno de Europa).
Os premiados, que recibiron un lote de
obsequios e material promocional europeo, foron:
1º Premio: Patricia González Portas.
6ºA
2º Premio: Iván García Vibel. 6º B
3º Premio: Guillermo Abal Gil. 6º A
Mención especial ao debuxo de 5º curso
máis valorado polo Xurado: Iván
Abalo Barros.

26
SOMOS UNS
ARTISTAS
DEBUXANDO
ANIMAIS.
A VER SE OS
RECOÑECES
28
NA NOSA CLASE FIXEMOS
MOITAS COUSAS BONITAS.
AQUÍ PODEDES VER UNHAS
POUCAS.
30
32
Fax: 986 72 43 60
E-mail: pagaoquedebes.admitripro.com
34
36
EDUCACIÓN INFANTIL (alumnado de 4 e 5 anos)
 Participou no Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra e fixeron unha visita didáctica ó mesmo no
mes de febreiro.
 No mes de maio acudiron ao C.S. Caixanova para participar na representación teatral “ El gran traje”.
 Por último, no mesmo mes, desprazáronse a Vigo para visita-lo Zoo.

!º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA


 Asistiron ao C.S. Caixanova para ver a película, “Franklin y el tesoro del lago” no mes de novembro.
 No mes de febreiro fixeron unha viaxe a Santiago para asistir a uns obradoiros de seguridade no fogar
e nas rúas.
 A continuación viñeron ao colexio do RAC. (Real Automóvil Clube) para reforzar e poñer en práctica as
nocións anteriores “Seguridade vial e mobilidade”
 Remataron o curso cunha ruta de senderismo por Triabá (acompañados por Protección Civil)
2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 O alumnado do 2º ciclo acudíu á reprtesentación teatral da obra ” Menú vexetal” no mes de novembro.
 Desprazáronse ao C.S. Caixanova para asistir ao Concerto de “ Música popular galega” no mes de xaneiro.
 No mes de abril asistiron tamén ao C.S. Caixanova para a proxección do filme “Descubriendo a los Robinsones”.
 O alumnado de 4º curso, xunto co de 5º curso, desprazáronse ás inmediacións do Pazo da Cultura para partici-
par no “ Proyecto Brújula” sobre a seguridade no uso da Internet.
 Para despedi-lo curso todo o alumnado do ciclo se desplazou a Lugo para coñecer de cerca “ Marcelle” Aula de
Natureza.

38
3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 No mes de outubro o alumnado desplazouse a Pontevedra para a visita das exposicións: “Mulleres artistas no
século XX “ e “Dibuxando a Laxeiro”
No 2º trimestre viaxaron a :
 Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra . Fixeron unha visita didáctica ó mesmo no mes de febreiro.
 Coruña. Visita aos museos da cidade. “Casa das ciencias e Planetario”, “Museo Domus” e “Acuario” no mes de
marzo.
 No mesmo mes, concerto musical “As formas na música” no C.S. Caixanova.
 En marzo visitáronnos no colexio personal da Jefatura Superior de tráfico na Campaña de Educación Vial.
 Neste mes tamén nos visitaron (ó alumnado de 6º curso) personal da Delegación de Facenda, cos que participa-
mos nun concurso de redacción.
No 3º Trimestre tiñeron lugar :
 Viaxe a Santiago no mes de abril, á Escola de Prevención de Riscos Laborais onde desenrolaron un obradoiro de
“ Ergonomía e psicosocioloxía” e á exposición de Galicia Dixital.
 A comenzos do mes de maio viñeron ó centro falarnos da Unión Europea.
 Saída ao Río de Santa Susana acompañados de un equipo de biólogos do Proxecto Ríos.
 Maratón escolar da Xunqueira.
 O alumnado de 5º curso, xunto co de 4º curso, desprazáronse ás inmediacións do Pazo da Cultura para partici-
par no “ Proyecto Brújula” sobre a seguridade no uso da Internet.
 Visita ao Museo de Pontevedra.
 O colexio é unha gran familia e aínda que eu me vaia sempre o levarei no corazón. (Raúl
Vilas)
 Non esquecerei o meu colexio onde fixen moitos amigos e tiven profesoras moi boas.
(Rubén Lueiro)
 Paseino moi ben neste colexio; estou contento co que progresei e doulle as grazas a
tod@s. (Iván García)
 Tiven moitísima sorte de estudar neste colexio; levo tódalas risas gardadas para
sempre no meu corazón. (Susana Abalo)
 Estar neste colexio foi para min a experiencia máis bonita, con compañeir@s moi
amables e profesores moi agradables. (Daniel Vila)
 Aquí tenme berrado e tenme loado; mais eu sei ben que era polo meu ben. ¡Moitísimas
grazas! (Jessica Álvarez)
 Neste colexio fixen amig@s e tiven bos profesores, e para min iso é o que conta.
(Braian Traico)
 Botarei de menos aos que aquí quedan, pero levo comigo o aprendido, moito agarimo e
moi bos amig@s. (Yasmina Domínguez)
 Deixo esta casiña de sabedoría que para min foi unha man que me empurrou para
adiante. (Aroa Outón)
 No meu colexio aprendín a xogar e non pelexar; a cantar e tocar; a respectar e non
insultar; a traballar e moitas cousas máis. (Patricia González)
 Para min o colexio foi unha segunda familia, un fogar onde estudar, soñar e xogar.
(Brenda Silvén)
 Neste colexio pasei moi bos momentos, con xogos, contos, instrumentos e outros
coñecementos. (Jonathan García)
 Na escola traballamos, estudamos, fixemos excursións moi divertidas e traballos moi
entretidos. (Maikel Santos)

40
 Este colexio encantoume dende o primeiro día: Paseino moi ben con todos os meus compañeiros
e aprendendo moito cos profesores. (Rodrigo Fernández)
 No colexio tiven experiencias boas e malas; foi unha forma de facer amigos, de aprender e
divertirme. (Carlos Riveiro)
 A min gustaría quedar neste colexio para sempre e síntome moi agradecido por tódolos
momentos compartidos con profesores e amigos e por todo o aprendido. (Breixo Abal)
 Sempre recordarei o colexio coma unha man chea de felicidade que me ensinou a camiñar, con
gran axuda de profesores e compañeir@s. (Tiffany Pintos)
 Se puidese volver atrás non cambiaría nadiña deste tempo de ledicia e aprendizaxe gozado no
mellor colexio. (Jessica Alonso)
 Para min o colexio foi coma unha gran familia que nos ofreceu a oportunidade de aprender
cousas que aínda non sabiamos. (Uxía Outón)
 Eu fun pasando de curso en curso coa axuda de profesores e profesoras que explicaban moi ben
e con moit@s amig@s cos que xoguei. (Guillermo Abal)
 Eu quero que tod@s veñan a este colexio polo moito que se aprende, polos festivais que son moi
divertidos e por moitas cousas fantásticas máis. (Manuel García)
 Eu voume deste colexio cun cúmulo de sentimentos que gardarei coma un tesouro, agradecendo
os amigos que me ofreceu e as profesoras e profesores que tanta paciencia tiveron comigo.
(Rubén Martínez)
 Levo unha caixa de recordos que sempre terei na mente: amig@s e profesores que nunca
esquecerei. (Sara Pulleiro)
 Aprendín moito neste colexio e levo un saco cheo de recordos alegres que endexamais
esquecerei. (Juan Rodrigo Fontán)
 Este colexio foi para min unha das mellores cousas que me pasaron na miña vida: aprendín a ler,
a escribir, a sumar, a restar, a relacionarme cos demais...(Nerea Oubel)
 Este colexio foi un premio para min e para os meus compañeiros. (Tito Martínez)
42

También podría gustarte