Está en la página 1de 32

XUÑO 2010

XUÑO 2010

IES AS BARXAS

O Rosal nº 2 (Moaña)

: 906 31 42 43

Email: http://centros.edu.xunta.es/iesasbarxas

AGRADECEMENTO aos RELATORES:

Eva Eiroa Casás (2º Bach B)

Ángel Currás (2º ESO C)

Ana Solla (1º Bach B)

Ana Gil (2º ESO C)

Camila Hermelo Piñeiro

Rebeca Pazó Martínez (2º Bach A)

Sara Parcero Leites.

Daniel Sobral (2º ESO C)

Ángel Villar (2º ESO B)

Grupo de 3º Diversificación

Grupo de Mediación
XUÑO 2010

S aú d o
ect or
do Dir

Aquí temos de novo Arume . Imos polo número sete. Aínda non é un
acontecemento moi agardado pero a nosa intención é que o sexa. Cada mes de xuño temos
unha cita con Arume, este debe ser o noso obxectivo, imos perseverar neste traballo e
converter a saída á rúa da nosa revista nun feito singular.

O curso pasado fixemos un importante esforzo económico para editar unha revista
de calidade da cal todos nos sentíramos orgullosos. Creo que o conseguimos. O proxecto
para este curso 2009-10 tentou seguir a mesma liña. A pesar dos moitos atrancos xurdidos
polo camiño, grazas á colaboración dos profesores e alumnos relatores, ao esforzo e
dedicación do Vicedirector e á vontade e o tempo empregados pola profesora M. Fe García,
hoxe podemos votar unha ollada ás actividades máis salientables realizadas no centro nos
últimos meses.

Tal como nos comprometeramos no número anterior, Arume inclúe as fotografías


de todos os grupos do centro. Desexamos que a presenza desas fotos se converta nun
estímulo para conservar a revista no lugar reservado nos vosos fogares aos albumes
familiares e, á volta duns anos, ao contemplalas, poidades revivir as experiencias
compartidas cos compañeiros de aula.

É de xustiza volver a agradecer o traballo de todos os colaboradores e a achega da


ANPA do IES As Barxas para que este número sete de Arume sexa unha realidade.
XUÑO 2010

Os membros da ANPA do IES As Barxas desexámoslles a todos os


alumnos, ás súas familias, ao profesorado e a directiva da asociación
unhas boas vacacións. Tamén queremos lembrarnos dos alumnos que
remataron os seus estudos no centro e agardar que os seus sonos se
fagan realidade, que teñan as súas ideas claras e saiban avanzar sempre
para mellorar na súa vida.
XUÑO 2010

Pizarra dixital e ordenadores, ao servicio da Educación

O próximo curso Que vai supoñer contar con este


académico
contaremos no centro proxecto no centro?
cunha importante
novidade educativa Maior infraestructura: ordenadores pórtatiles para cada un
para 1º de ESO: O dos alumnos, encerados dixitais ...
Maior formación e recursos educativos para o profesorado...
Proxecto ABALAR.
Para as familias: información directa sobre o absentismo e
É un programa seguimento académico dos seus fillos; comunicación directa
co profesorado e xestión telemática dos trámites relacionados
punteiro na nosa
coa educación máis frecuentes...
Comunidade Para o alumnado: teleasistencia á clase do alumnado con
Autónoma e que vai baixas prolongadas, acceso a materiais e recursos
encamiñado a educativos...
integrar as TICs no Para as ANPAS: xestión documental , difusión de novas...
ámbito escolar. Unha nova forma de traballar e de dar as clases.

Todo esto vai a representar un reto e un esforzo moi importante para a comunidade educativa
que esperamos repercuta directamente na calidade da nosa ensinanza e na formación dos nosos
alumnos.
XUÑO 2010

20
alumnos de primeiro
de bacharelato
fixemos a nosa viaxe
de estudos a Londres
acompañados por Manolo e Palmira,
os nosos profesores de inglés.
Saímos desde Santiago o sábado ao
medio día. Chegamos a Londres e
fomos cara o hotel que, por certo, non
estaba nada mal! Logo, saímos a
aproveitar o que quedaba de día
facendo algunas visitas, e foi aí onde
comezou a nosa viaxe.

Visitamos moitos lugares


emblemáticos da capital británica
como o Hyde Park, o Big Ben, o
London Bridge, o mercado de
Candem, Piccadilly, Oxford Street,
Buckingham Palace e por suposto, un
musical de Queen, no que disfrutamos
XUÑO 2010

escoitando a música deste grupo, aínda que


algún que outro quedara durmido…
Tamén visitamos museos como o Modern
Tate, o Natural History Museum, o
Science Museum, o British Museum, a
National Gallery e incluso fomos a visitar
unha copia da fachada da nosa catedral, a
de Santiago, no Victoria and Albert
Museum.

Esta foi unha viaxe movida e, se non, que


llo digan a un dos nosos compañeiros ao
que nunca lle funcionaban as máquinas do
metro, ao que lle venderon unas botas de
tacos sen un taco e o que mercou una caixa
de cartamelos por 5 libras, 6 euros.
Pasamos bos momentos recordando todo o
que lle pasou durante a viaxe, HE HAD IT
COMING!

E, bueno, a nosa viaxe chegou ao seu fin


cando o mércores ao mediodía saímos de
Londres cara a OPorto chegando ao noso
destino pola noite.

Ana Solla (1º Bacharelato)


XUÑO 2010

N
este curso, teorías, e
rapaces e que – cando
rapazas do as
instituto de As Barxas, mencionaba
xunto coa a axuda da n – dicianlles
nosa profesora de arte cousas como
dramático Vanessa e de que estaban
Manolo Rúa, xa que nos tolos,
axudaron en todo o que amosando
puideron, fomos capaces ao final que
de crear unha obra de nalgúns casos o que se dicía era certo.
teatro coñecida como
"Cabaret Revoltaire". Pouco a pouco fomos engadíndolle á obra esceas como as
pequenas pezas dun crebacabezas. E co tempo a cousa ía
avanzando, conseguindo con isto o noso obxetivo:
impresionar ao público, entre outras cousas.
Nos ensaios estabamos
pensando como podía ser O día do estreo foi no instituto IES Johan Carballeira en
a nosa persoaxe e a súa Bueu xa que alí foi este ano a sede da Mostra do Teatro do
historia e tamén como ía Ensino Secundario de O Morrazo. Aínda que había algúns
a ser o tema do nervios ao principio,
que trataría a Esta é unha obra sinxela pero ao fomos capazes de
obra. As veces mesmo tempo moi importante para tranquilizarnos e
faciamos todos nós, porque aínda que nos confiar en nós
actividades que mesmos sabendo
costou moito traballo e esforzo,
nos axudarían que era así a única
maís adiante coa pasámolo moi ben tanto inventándoa forma de que a obra
forma de actuar a noxa nos saíra ben. Fixémolo o mellor posibel aínda que tamén
persoaxe . nos axudou moito a axuda do público xa que non
interronpiron a obra en ningún momento e alí foron moi
Despois de moito tempo amables con todos nós.
cavilando cal sería o tema
principal da obra, demos Cando xa pasaran unhas semanas dende a nosa primeira
atopado unha boa idea. A actuación, o día 14 de Maio representamos a obra no noso
obra trataría do día a día instituto de As Barxas. Fixemos dúas representacións, a
nun manicomio no que primeira para os alumnos e alumnas de primeiro e segundo
hai moita xente coñecida de bacharelato e terceiro e cuarto da ESO, e a segunda para
polas súas famosas os de primerio e seguindo da ESO.
XUÑO 2010

Estes cursos foron, con


deferenza, o mellor O mellor de todo desta experienza foi o
público que tivemos entre ben que o pasamos, cando actuabamos e
os institutos, xa que coñecemos xente. E por iso esperamos que
tamén fixemos dúas
para o ano que ben sexamos moitos máis.
actuacións para quen
quixera vir a velas.

Camila Hermelo Piñeiro


XUÑO 2010

DISCURSO DE GRADUACIÓN
Estas palabras foron
pronunciadas polos
alumnos de 2º de
Bacharelato o día da
cerimonia da súa
graduación diante do
repleto salón de actos do
centro, o día 28 de maio de
2010.

Queridos pais, irmáns, abós, comezamos unha nova etapa :


profes e compañeiros: a universidade, o cambio de
ambiente, os novos amigos… É
Pasaron os dias, as semanas,
difícil pensar que a partir de
os meses, os anos… Xa pasou
aquí as nosas vidas sepáranse e
moito tempo dende o ano no
que votamos a andar o noso
que iniciamos a nosa andaina
propio camiño, pero estamos
neste instituto de AS BARXAS.
convencidos de que cada un de
O medo e a inseguridade dos
nós gardará na súa memoria o
primeiros dias de pronto
recordo destes anos nos que
esvaeceron e comezamos a
aprendimos tanto xuntos. Pese
facer amizades que desde
a todo, hoxe non é un dia para
entón nos acompañaron ao
estar triste.
longo dos anos ata hoxe, que
celebramos o final desa longa Cando votemos a vista atrás,
etapa. Sen dubida, foi a mellor reiremos ao recordar o perdidos
das nosas vidas e a que estabamos os primeiros
lembraremos para sempre. dias de curso sen saber como
ibamos a afrontar todo o que se
Todos somos conscientes de
nos viña enriba. Lembraremos
que este foi o noso último ano
as horas que pasabamos
xuntos, as últimas vivencias
estudando os interminables
como compañeiros, as últimas
temas de filosofia e historia, as
risas, as derradeiras vágoas. A
tardes enteiras tratando de
partir de agora todo será
comprender as integrais e os
diferente. Moitos de nós
exercicios de fisica…
XUÑO 2010

Lembrarémonos das nosas todo momento sen perder a


queixas, dos nosos cabreos cos compostura.
profesores, das semanas nas
Tamen queremos agradecer aos
que tiñamos mais exames que
nosos pais todo o que de
dias… pero é curioso que no
seguro teñen sufrido por nós
medio de todo ese caos
sobre todo nestes últimos
houbera lugar para a risa. Os
meses, por ensinarnos a non

chistes de Pepe Campos nas rendirnos nos nosos empeños


clases de galego, as charlas de e por motivarnos ao longo dos
Asun que se prolongaban mais anos até chegar aquí. Agora
do esperado e os sempre nos decatamos de que todo o
valiosos consellos de Pepe Arias esforzo pagou a pena. Neste
pasarán á historia como os instituto aprendimos valores
mellores momentos do noso como a amizade, o respecto, o
tránsito polo instituto e que, cariño… valores que nos uniron
sen os profesores que hoxe nos a todos, que marcaron os nosos
acompañan, nada tería sido corazóns e que por iso cada un
igual.Por iso queremos darvo- de nós levará consigo un anaco
las grazas en nome dos nosos de todolos demais. Espero que
compañeiros : por ensinarnos de agora en diante todo nos
o que nos valerá nas nosas vaia ben e que logremos
accións futuras, por axudarnos tódalas metas que nos
sempre que o precisamos e, marquemos para o futuro.
sobre todo, por aguantarnos en
Moitas grazas
XUÑO 2010

A AVENTURA de SARA PARCERO

“H i! I’m Sara from Spain”


esta é a frase que levo
dicindo dende que me
embarquei nesta “aventura
Americana”. Hai exactamente un
ano estaba escribindo a primeira
parte dente capítulo na miña
habitación nun pequeno pobo
chamado Moaña que me ensinou a
ser persoa e a crer que os soños
poden cumprirse, e que deixei (con
suficientes bágoas nos ollos que
describían claramente unha mezcla a revolucionar o mundo. Pasaron
de alegría-tristeza) cando tiña 17 sete meses dende que marchei, e,
anos recén cumpridos. Agora por suposto sigo sendo a mesma Sara
mesmo atópome no auditorio do Parcero Leites, pero á vez
meu colexio, o completamente
Armand Hammer Queremos que sexas diferente. Podo
United World afirmar sen
PERSOA, que nunca te
College of the dúbida algunha
American West en
esquezas de onde ves, que neste
EEUU escoitando de quén eres e cáles son tempo levo
a catro rapaces os teus soños aprendidas e
(un deles por vividas máis
video conferencia dende Londres) cousas das que nunca puiden
que se graduaron hai polo menos imaxinar; experiencias que de
dez anos e que agora mesmo están seguro me marcarán de por vida e
XUÑO 2010

que me axudarán a superar moitas esquezas de onde ves, de quén eres


situacións que se me presentarán: e cáles son os teus soños. Moitas
dende a morte dun compañeiro ata veces me preguntaron cómo
estar de expedición no Gran Cañón definiría esta experiencia ou cómo
de Colorado pasando 10 días polo definiría este colexio. Sempre
norte de México axudando á tribo respondo da mesma maneira: o
india dos Tarahumara ou ser UWC é o lugar onde os teus soños se
recientemente titulada en primeiros poden cumprir, pero tamén o lugar
auxilios en civilización e áreas que che ensina como manter os pés
remotas, en RCP, en administración na terra e nunca esquecerte de
de osíxeno, uso de AED e líder de onde eres e quen eres. É incríble
expedición. Todas estas cousas todo o que levo vivido dende que
soan xenial, e parece que estou a cheguei aquí o 18 de Agosto de
pasalo en grande (que por suposto 2009, unha rapaza chamada Sara
estou!) pero detrás de todo iso está Parcero Leites de España e que
o sufrimento, os malos momentos, o nunca para e nunca parará de
sentirse solo, perdido… que conleva recalcar que é de Galicia, que é
vivir coa responsabilidade e que galega e que lle contou a máis de
ninguén se esquece de lembrarcha medio campus que este é o Ano
cada día: estás a representar o teu Xacobeo en Galicia e que despois
país e estamos esperando que ti de 7 meses vivindo con xente de
sexas o futuro e que triunfes, pero o máis de 80 países e falando todo o
máis importante, pase o que pase, día en inglés mezclado con
aínda que te convirtas no Presidente palabras de 10 idiomas máis, sigue
do teu país ou no dono dunha das sendo de onde é e quén é. Este é o
empresas máis importantes do meu consello: Nunca deixedes que
mundo ou anque nestes intres estés ninguén vos diga que algo é
estudiando nun dos 50 mellores imposible, pero mantede os pés na
colexios do mundo queremos que terra e lembrade quénes sodes e de
sexas PERSOA, que nunca te onde sodes.

Sara Parcero Leites.


XUÑO 2010

VISITA á DEPURADORA
De A Guía
Tras varios aplazamentos ó fin o día 14 de abril
puidemos ir os alumnos de Ciencias da Terra de 2º de
bacharalato a visitar a estación depuradora e a
coñecer o seu funcionamento. Un señor moi amable
ensinounos e explicounos o proceso da depuración das
augas.
A depuradora de Moaña foi construída nos anos

Entrada de auga na depuradora 1999-2000 e foi posta en funcionamento dende o ano


2001. É a partir do 2004 cando Aqualia, empresa de
servicio de augas, colabora coa depuradora.

Á depuradora chegan todas as cousas que nós tiramos


polos sumidoiros, e para iso son necesarias unha serie
de bombas que manden a auga cara a depuradora.
Éstas bombas atópanse en diferentes lugares de
Recollida dos aceites Moaña como na illa de Samertolameu e en Domaio.
O proceso de depuración consta de varias etapas: a
primeira é facer pasar a auga por una rexilla para
eliminar todos os sólidos de tamaño considerable,
como os plásticos, papeis, etc... despois, a auga é
conducida a uns largos depósitos nos que se separan
os aceites e as areas. Para isto é necesario que a auga
esté en repouso, así as areas iránse ó fondo e
Balsa anaerobia depositaranse alí, mentres que os aceites flotarán e
unha máquina arrastraranos e quitaranos da auga.
Máis tarde esa auga sen areas e aceites pasará a unha
balsa anaerobia, na que se mestura cos lodos formados
en fases posteriores. Eses lodos conteñen una gran
variedade de bacterias que dixieren a materia orgánica
da auga.

Cubertas de radiación ultravioleta


XUÑO 2010

Posteriormente, a auga pasa a outras balsas nas que a través


dunhas turbinas introdúcese osíxeno na auga e este xúntase
coas partículas que aínda contén a auga para que floten e sexa
doado eliminalas cunha rasqueta. A continuación ese auga
pasa a un depósito no que se deixa en repouso e así lógrase
eliminar os restos de lodo que queden, ese lodo é recollido por
una máquina que o vota nun contenedor e é transportado ó
comezo do proceso de depuración para ser reutilizado (como
dixemos antes), mentres que a auga pasa por unha zona donde
se lle iradia con lámparas ultravioletas, que teñen o mesmo
efecto que a cloración pero é moito máis novedoso e é o Cubertas de radiación ultravioleta
método que máis se utilizará nos próximos anos. Finalmente, a
auga sae da depuradora ao mar a través dunha tubería.
Mentres se depura a auga, o fango
resultante vai pasando por uns rodillos
(filtros-presnsa) para que eliminen toda a
auga posible antes de ser vertidos nun
contenedor á espera de que os recollan. Os
fangos da depuradora da Guia son
trasladados a unha antiga mina a ceo aberto,
perto de Santiago, onde van cubrindo o oco
deixado pola extracción mineira.
Rebeca Pazó Martínez (2º bach A)
Tratamento dos lodos

Saída da auga depurada


XUÑO 2010

1º ESO A 1º ESO C

1º ESO B 1º ESO D

2º ESO A 2º ESO B
XUÑO 2010

2º ESO C 2º ESO D

3º ESO A 3º ESO B

3º ESO C 3º ESO DIV


XUÑO 2010

4º ESO A 4º ESO B

4º ESO C 4º ESO

1º Bach A 1º Bach B
XUÑO 2010

1º Bach C 2º Bach A

2º Bach B 2º Bach C
XUÑO 2010

N
a maqueta que tendes na foto representamos diversos tipos de enerxías.

Na presa que hai no río, tamén coñecida como central hidroeléctrica,


representamos a enerxía hidráulica. Consiste en que a auga do río pase
polas redes filtradoras e chegue a un punto que caia sobre unhas turbinas
que se moven xerando electricidade.

Na casa hai dous paneis solares. Neles representamos a enerxía solar. Ditos paneis
atraen a luz mediante espellos nun punto, para quentar un gas cuxo vapor move
unhas turbinas que xeran electricidade.

Nos muiños representamos a enerxía eólica. Estes adoitan estar situados en lugares
onde o vento sopra forte e con frecuencia; con isto conseguirían que as aspas do
muiño non paren de moverse e xerar a electricidade movendo as turbinas que teñen
dentro.

No tubo que hai no mar representamos a enerxía mareomotriz ou das ondas. Consiste
nunha presa que está situada na costa cerrando unha bahía, en cuxo muro, baixo o
mar, se sitúan unha serie de turbinas que xiran ao subir e baixar o mar, serrando deste
xeito a electricidade.
XUÑO 2010

Seguro que algunha vez vos fixestes as seguintes preguntas:

A resposta a
estas
Por qué están tan sucios os ríos preguntas é a
contaminación
Como é que hai tanto lixo nas cidades que xeramos
os seres vivos
e as industrias

A contaminación é calquera substancia ou Os contaminantes clasifícanse pola


forma de enerxía que pode provocar algún súa consistencia en: sólidos, líquidos e
dano ou desequilibrio nun ecosistema, nun gasosos. Existen contaminantes naturais
medio físico ou nun ser vivo. Entre estas que non contaminan, non producen
substancias podemos atopar os dióxido de problemas medioambientais, e
xofre, SO2; e de carbono, CO2, petróleo, contaminantes artificiais que resultan moi
residuos orgánicos e inorgánicos, metais daniños.
pesados, etc. Por outra parte, na década de
1980 descubríronse algúns contaminantes Existen moitos tipos de
como os fluorocarbonos, CFCs, que están contaminación, pero neste artigo só
producindo unha diminución da capa do faremos referencia aos dous tipos máis
ozono. relevantes.

Contaminación da auga Contaminación atmosférica


Os contaminantes habituais da A contaminación atmosférica é a
auga son os axentes patóxenos coma as presenza no ar de materias ou formas de
bacterias e os virus; substancias químicas, enerxía que implica risco, dano ou molestia
como os ácidos e compostos de metais grave para as persoas e os seres de
tóxicos; sedimentos ou materias calquera natureza.
suspendidas; substancias radiactivas e Os axentes que máis contribúen á
calor. Ademais o crecemento excesivo de contaminación son os procesos industriais
plantas acuáticas que despois morren e se que implican combustión, tanto a industria
descompoñen esgotando así o osíxeno da como os automóviles e as calefaccións, que
agua, pode dar lugar á morte de especies xeran dióxido e monóxido de carbono,
que viven nas augas, tanto mariñas como óxido de nitrógeno e xofre.
doces.
XUÑO 2010

Os efectos que pode causar a contaminación ambiental nos humanos son problemas
cardiovasculares e respiratorios entre outros. Nos animais e plantas os efectos poden causar
incluso a desaparición de determinadas especies. Por outra parte algúns metais poden atacar a
determinados materiais e provocar así a ruptura de estruturas.

Entre as medidas paliativas que se poden ter en conta para parar a contaminación
podemos atopar:

crear conciencia cidadá,


non queimar e talar plantas,
colocar o lixo nos lugares axeitados,
controlar o uso de fertilizantes e
pesticidas,
reciclar obxectos,
evitar o uso de aerosois,
controlar os verquidos accidentais de
petróleo e derivados,
ter sentido da responsabilidade,
realizar campañas de apoio.

En conclusión, deberiamos concienciarnos de que nas nosas mans está o futuro das
seguintes xeracións.

Traballo realizado polos alumnos/as de 3º Diversificación


XUÑO 2010
XUÑO 2010

O Xadrez no Instituto
Era un día normal, un coma todos,
tivemos as tres primeiras horas de
clase, pero cando saímos ó recreo había
tres ou catro mesas de xadrez no
vestíbulo. Ao principio, non se animou
moita xente, pero co paso dos días
empezou a vir xogar moita máis xente
desde primeiro da E.S.O ata algún de
bacharelato.

Os días pasaban e ir xogar no recreo


era xa unha rutina para moita xente.
Uns aprendían e outros melloraban. Os
profesores Manolo Rúa e Pepe Arias
déronos consellos e animaron a moita
xente a xogar.

Un día, Rúa, díxonos que no magosto


habería un torneo de xadrez. Apuntouse
moita xente e o torneo realizouse
tranquila e correctamente.

Despois do torneo, todo volveu á


normalidade. A xente seguía xogando e
aprendendo.

Pasou o tempo e chegou o anuncio da


liga de xadrez, un torneo no que todos
xogarían contra todos. A liga realizouse
no recreo durante os meses de
decembro, xaneiro e parte de febreiro,
na que uns vinte e cinco alumnos
participaron. Os vencedores recibirán
un presente a fin de curso.

Aínda que xa pasou moito tempo desde


que puxeron as mesas no vestíbulo a Ángel Villar 2OB
xente segue xogando e cada vez con
máis expectación.
XUÑO 2010

ME
D AC Ó I I N
Neste curso 2009-10 iniciouse no Os mediadores somos alumnos da
noso centro un proxecto piloto de ESO e Bacharelato que nos
mediación, do que formamos parte presentamos voluntarios para o
sete alumnos do instituto. Este proxecto e que cumplimos unha
proxecto está a funcionar en moi serie de condicións necesarias
poucos centros e trátase dunha para desenvolver este labor: ter
innovadora aposta do IES empatía e capacidade de
As Barxas pola resolución se poñer no lugar dos
pacífica de conflitos.
Xa sabes: outros, ser neutral, saber
escoitar e non permitir
Pero.....que é a mediación? Nen@, se tes
que os conflitos a tratar
Pasamos a dar unha problemas, nos inflúan no ámbito
definición técnica pero recurre á persoal.
moi clariña: “ a
mediación!
mediación é un método de Tódolos alumnos do
resolución de conflitos no centro teñen dereito a
que as dúas partes enfrontadas solicitar unha mediación cando se
ven envoltos nun problema, para
recorren voluntariamente a unha
iso podedes recorrer ó titor/a,
persoa imparcial, o mediador, para
dirección ou orientación
chegar a un acordo satisfactorio
para as dúas partes” Torrego
(2007).

O Grupo de Mediación
XUÑO 2010

A R
E
CI
C E
L AX
Os tempos evolucionan A reciclaxe ten que ser cousa de todos os
consumidores: go berno central, Xu nta,
concellos, etc.
E os consumidores temos que En primeiro lu gar deberíase explicar ás poboacións
evolucionar con eles. Os grandes
qu é é reciclar e qué conquerimos coa rciclaxe.
inventores e as grandes empresas En segundo lugar, o goberno central mediante o
investiron en facern os a vida máis Ministerio de Medioambiente debería obrigar ás
doada a base de
comunidades autónomas como a XUNTA de GALIC IA a
electrodomésticos, envases de
informar mediante os medios de información, os
vidro, plásticos, etc. Per o no n concellos, as empresas, as entidades educativas, etc.
tiveron en conta que ,unha vez A súa obr iga é a de explicar qué medios hai para
chegado aos consumidores,
reciclar, poñer mais facilid ades para o seu correcto
xeraban residuos varios:
fu ncionamento, xa que os medios que hai son poucos
e adoitan estar só en lugares concentrados de
 1º O que non se utilizaba ha bitantes, esquecéndose do rural.
tirábase aos r ios, montes, En ter ceiro lug ar, en cada concello debería existir un
praias, etc. O que se tiraba plan de seguimento da recollida de lixo, onde terían
ao río destruí a prantas e qu e estudar as zonas nas que no n hai contadores para
peixes. O que se tiraba nos reciclar, que so n moitas. Gran parte da población non
montes, sobre todo vidros, recicla porque ás veces hai que desprazarse un
ocasionaban incen dios. As kilómetro para tirar un vidr o.
praias contaminab an as En cuarto lugar, se queremos u n mundo mellor, máis
augas. li mpo, s en contaminac ión, de bemos ser os
 2º Empezáronse a poñer consu midores os que demos exmplo e saber que para
contadores onde se tiraba de cada cousa hai un sitio e que para ca da sitio hai u nha
todo. cousa.
 3º Comen zou a reciclaxe. Resumindo: temos que saber qu e existen varios
contedores para desfacernos do q ue non serve. O
contador azul é para reciclar papel e cartón. O
amarelo é para reciclar os envases: O verde claro é
para r eciclar o vidr o e, finalmente, o verde oscuro é
p a r a re ci cl ar f un d am en t a lm e nt e m at e r ia
biodegradable

Daniel Sobral, 2º ESO C


XUÑO 2010

Nunha enquisa sobre o


consumo de drogas
realizada no IES As
Barxas entre os
alumnos/as de 3º ESO
obtivemos os seguintes
resultados

Consumo de tabaco

16
14
Nº de alumnos

12
10
Como podemos observar
14 anos
8 15 anos na seguinte gráfica os
6 16-17 anos alumnos/as de 16 e 17
4 anos son os que máis
2 consumen tabaco.
0
z

es

as
ca

te
ve

fin
es

en
di
un

ha

as
m

30

m
N

ria
N
12
gu

t.
ul

ia
Al

t.

D
ul

os
N
os
N

Consumo de Alcohol
Á vista dos resultados
12
obtidos, os alumnos/as de
Nº de alumnos

10
14 anos
15 anos consumen alcohol
8
6 15 anos
algunha vez mentras que
4 16-17 anos
nas fins de semana
2 aumenta o consumo entre
0 os alumnos/as de 16 e 17
a da s as te a anos.
u nc vi e se di en an
m
n na m 30 ri am se
e z 12 o s ia n s
v
os m d fi
ha m ulti
n t i
lg
u ul
a
XUÑO 2010

Consumo de Cannabis

16 Como se pode observar


14
12 14 anos consumen máis cannabis os
10
8 15 anos alumnos/as de 16 e 17 anos.
6
16-17 anos
4
2
0
a a te
nc vid es as en an
a
es di
nu na m 30 m m
z ia se
ve 12 os i ar s
a os ti m d f in
u nh tim ul
al
g ul

Comparativa do consumo de Alcohol e


Cannabis

70

60

50
% de consumo

40 Cannabis
30 Alcohol

20

10

0
Ano 2006 Ano 2010

Tras estudar as enquisas,dedúcese que a idade de comezar a fumar é ós 13 anos.


Tras estudar
Se comparamos estesas enquisas,dedúcese
resultados querealizada
cunha enquisa a idadeno
deano
comezar a fumar
2006 no mesmoécentro
ós 13 a
media de idade de comezar a fumar segueanos.
sendo os 13 anos, mentras que o consumo de
alcohol e cannabis aumentou.
Se comparamos estes resultados cunha enquisa realizada no ano 2006 no mesmo
centro a media de idade de comezar a fumar segue sendo os 13 anos, mentras
que o consumo de alcohol e cannabis aumentou.

Traballo realizado polos alumnos de 3º de Diversificación.


XUÑO 2010
XUÑO 2010

Ave Fenix
Pregunta existencial
Nacer, morrer e volver nacer. (Gabriel Trezado) Quen lle trae ao Rato Pérez un agasallo cando
se lle cae un dente? (Daniel Prieto)
Na guerra dos números gañou o 0 á esquerda. (Marta
Castro) Puxen a cazadora e... Cazáronme!
(Daniel Prieto)
Era un abrazo tan agarimoso, tan agarimoso, que cando
acabou, o mundo parecía gris. (Marta C.) Había unha vez unha persoa e agora hai
millóns. (Daniel Prieto)
Había un can tan peludo, tan peludo, que pensaba que
era a ovella negra da familia. (Marta Castro) -Como é a vida dun burro?
-Aburrida. (Daniel Prieto
Érase unha vez un home tan ansioso, tan ansioso, que un
bo día deixou de laterlle o corazón. (Marta C)
O can que non sabía
Érase unha nota tan bailonga, tan bailonga, que ao final ladrar
Había unha vez un can que non sabía ladrar.
da canción acabou esgotada. (Marta Castro)
Vivía na rúa Canquenonladra. Un día foi á rúa
Canqueladra e tampouco ladrou. Decidiu ir ao
Érase unha vez unha princesa que bicou unha ra e foron
médico quen, despois de dubidar, díxolle:«Fai
dúas. (Iria Soto)
puenting ou paracaidismo ». E alá foi. Foi a
unha ponte, atou unha corda e ...Guau!!!
Se te ergues un día e non ves a luz...Sube a persiana!
(Daniel Prieto)
(Iria Soto)

Érase unha vez unha vela que de tanto usala se


Amigo, se algún día atopas as portas do meu corazón
convertiu nun monte de cera. (Andrea Costas)
pechadas, non te cortes, bótaas abaixo. (Iria Soto)

Preguntou a profesora na clase.


Xurxo escoitaba os seus amigo e quixo entrar na
-Tes o exercicio de lingua, Xosé?
conversa, pero deixara a chave na casa. (Pablo M.)
-Si.
-Lelo?
Dille un calcetín a outro:«A miña vida cada vez cheira
-Lela ti. (Rubén Parada)
peor ». (Pablo Martínez)

Estaba camiñando e de súpeto... parei de


Aquel home era invisible, pero ninguén se percatara.
camiñar. (Rubén Parada)
(Rubén Moledo)

O Día do Xuízo Final, Deus perdeu o xuízo.


(Rubén Moledo)
Historia dun libro
Un naúfrago, morto de fame, decidiu xantarse a si
Pasemos páxina. (Daniel Martínez)
mesmo ata que se decatou de que era
vexetariano.(Miguel Moledo)
Unha muller lavou a súa roupa branca no Mar
Negro. (Miguel Molanes)
O último que perdeu aquela caveira foi o sorriso.
(Miguel Moledo)
Logo dunha mañá de caza un home chega á súa
casa cun coello na man.A súa muller, en ton
Chego tarde á cita, seino, pero non podía deixar sen
irónico dille: « Matáchelo do susto, non?». E el
atar a mamá. Non sobreviviría. (Miguel Moledo)
contéstalle: « E logo, eu son membro do
Ghrinpís!» (Héctor Gil)
Érase unha vez un home hipocondríaco que pensaba que
a súa muller o enganaba e aínda non lle saíran os cornos.
Érase un conto tan longo, tan longo, que
(Samuel Romero)
esquecín o seu comezo. (David Nogueira)
XUÑO 2010

O número que esté nun cadrado debe ser a suma dos CRUCIGRAMA ALXEBRAICO
que aparecen nos dous círculos que o rodean. Para rellenalo terás que resolver 17 ecuacións
de 1º grao:

Verticales:

3x + 2 = 32
2) x/5 = 16
3) 2x + 8 = 440
5) 2x - 9 = x + 18
SOPA DE LETRAS. 8) 9x + 9 = 900
Busca as palabras:Adición, Álgebra, Ángulo, Aritmética, Cálculo, 9) ¼ x - 2 = 250
Circunferencia, Conjuntos, Diámetro, División, Ecuación, Enteros, 13) x/3 - 11 = x - 233
Fórmula, Fracción, Geometría, Hipotenusa, Lógica, Multiplicación, 15) x + 5 = 2x – 80
Naturales, Número, Perímetro, Porcentaje, Potencia, Probabilidad,
Radio, Raíz cuadrada, Sustracción, Tangente, Teorema, Triángulo, Horizontales:
Trigonometría.
1) 3x + 2 = 32
2) x/5 = 16
3) 2x + 8 = 440
5) 2x - 9 = x + 18
8) 9x + 9 = 900
9) ¼ x - 2 = 250
13) x/3 - 11 = x - 233
15) x + 5 = 2x - 80

SUDOKU
XUÑO 2010

También podría gustarte