Está en la página 1de 41

IES FRAGA DO EUME Data: Abril 10

Elaborado por: Lois Rguez


Plan de Convivencia: Borrador

SITUACIÓN DO CENTRO
O Instituto de Educación Secundaria “Fraga do Eume” é un centro público e, como tal,
gratuíto; dependente da Consellería de Educación e O.U. que abriu as súas portas no ano
1987.

O espacio físico do centro consta dun edificio de planta baixa e dous pisos onde se parte
docencia. O centro dispón tamén de pavillón polideportivo cuberto, campo de balompé,
pista de hoquei e aulas específicas de música, audiovisuais, biblioteca, tecnoloxía,
laboratorio, plástica, 3 aulas de informática e aulas-taller de cociña, cafetería, comedor e
restaurante.

O Instituto encóntrase ubicado na localidade de Pontedeume, e co I.E.S. Breamo,


representa a oferta educativa pública da educación secundaria obrigatoria e post-obrigatoria
da comarca de Pontedeume.

O Centro encóntrase enmarcado no seguinte ámbito:

Xeográfico: O municipio de Pontedeume ocupa a beira meridional da ría de Ares formada


polo río Eume. Forma parte da comarca do Eume xunto con outros municipios como é
Monfero, Capela, As Pontes e Cabanas.
As infraestructuras de comunicación son bastante densas, destacando: a nacional 651 de
Ferrol a Betanzos, e a autoestrada do Atlántico. Ademais temos outras estradas secundarias
como a LC 152 Cabanas - As Pontes, Pontedeume - Miño pola costa e outras secundarias
de carácter local.
Habemos falar tamén do ferrocarril, onde Pontedeume está situado na liña Betanzos -Ferrol.

O municipio de Pontedeume está situado no golfo Ártabro e podemos distinguir dúas áreas
xeográficas. Unha é a relativamente ampla vega que se forma no fondo da ría, onde están as
parroquias de Ombre, Nogueirosa, 0 Vilar e a mesma vila. Unha pequena serra, formada
polas estribacións da Serra da Loba, cerra o val polo sur, coas súas máximas alturas no
monte Queimado (403 metros), Allegue (411 metros) e Castrelo (329 metros).

Outra zona é a estreita franxa costeira que se abre hacia a boca da ría ó pe do monte
Breamo, onde están as parroquias de Centroña e Boebre.

A costa e xeralmente abrupta e alta, coa praia de Ber como accidente máis significativo.

A parroquia de Andrade é a única que non se encontra dentro desta división, e a máis
interior e alongada da costa.

A poboación alcanza os 8.881 habitantes, cunha densidade de 292 habitantes por


quilómetro cadrado. A principal concentración se da na vila, con 4.607 habitantes; o resto
se atopa diseminado polos 29,5 kilómetros cadrados da superficie do municipio.

IES Fraga do Eume Plan de Convivencia 1


IES FRAGA DO EUME Data: Abril 10
Elaborado por: Lois Rguez
Plan de Convivencia: Borrador

Socioeconómico: Algo máis da metade da súa poboación activa traballa no sector terciario,
no porto, o comercio, os servicios persoais e recreativos, hostalería, ensinanza,
administración pública, finanzas e transporte interior, en termos porcentuais é o 52,4% do
total. Na súa rama industrial, á que se dedica o 31,3% dos activos, destacan as actividades
derivadas dos productos primarios, madeira e láctea, así como as de artes gráficas. Na
construcción emprégase o 10% da poboación ocupada do municipio.

A agricultura xa non ocupa unha importante posición no municipio, so o 4,8% da


ocupación. Desenvólvese basicamente no grupo familiar, cunha dedicación de tempo
parcial. A gandería apenas é importante. A actividade pesqueira e marisqueira é case
residual ocupando moi poucas persoas na actualidade.

Cultural: O grao de cualificación profesional aumentou considerablemente. Case o 30% do


total da poboación ocupada son traballadores cualificados na industria

Laboral: Do análise da poboación ocupada segundo situación socioprofesional extraese que


o grupo abertamente maioritario é o dos asalariados, o 76%. Do que un 55,5% son
asalariados fixos e o 25,5% restante, eventuais. Polo demais se trata dunha condición
ascendente, desde o 66,9% de 1980 ata o 76% do 1998.

En Pontedeume pusoxe en marcha un Parque Empresarial con dúas importantes empresas


xa instaladas e unha capacidade de ampliación do solo ata as 800 Has. Este dispositivo
permítelle desenvolver as ofertas do seu tecido productivo.

O alumnado da ESO procede na súa maioría dos centros públicos (dos concellos limítrofes)
que a rede de centros adscribe: C.E.I.P de Andrade, C.E.I.P., Eladia Mariño, ademais recibe
alumnos do C.E.I.P. Mosteiro de Caaveiro, comprendendo a zona educativa as localidades
de Doroña, Andrade, Taragoña, San Martín do Porto, Lavandeira, etc. O traslado do
alumnado de ensinanza obrigatoria ó centro prodúcese por transporte escolar gratuíto,
xestionado e financiado pola Consellería de Educación. O alumnado que utiliza o transporte
escolar e non dispón de tempo suficiente para desprazarse a comer ás súas localidades,
dispoñen de beca para comer no instituto.

O noso alumnado procede de familias de extracción social variada, se ben maioritariamente


son da zona rural.

Dende o ano 1999, o instituto dispón dunha Asociación de Pais de Alumnos, cos que se
establece unha estreita colaboración.

O número total de Profesores é de 50.


Na actualidade impártense ensinanzas de:

IES Fraga do Eume Plan de Convivencia 2


IES FRAGA DO EUME Data: Abril 10
Elaborado por: Lois Rguez
Plan de Convivencia: Borrador

Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO)

Bacharelato de Ciencia e Tecnoloxía

Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais

Ciclos Formativos da Familia de Hostalería e Turismo


Ciclo Formativo de Grao Medio de Servicios de Restauración
Ciclo Formativo de Grao Medio de Cociña e Gastronomía
Ciclo Formativo de Grao Medio de Cociña e Gastronomía Réxime Modular Adultos
Ciclo Formativo de Grao Superior de Restauración

Ciclos Formativos da Familia de Industrias Alimentarias


Ciclo Formativo de Grao Medio de Panadaría Repostaría e Confeitaría.

Programas de Cualificación Profesional Inicial


PCPI de Servicios en Restauración.

O número de alumnos e alumnas no centro é arredor de 180 alumnos de ESO e


Bacharelatos e arredor de 150 alumnos nos distintos Ciclos Formativos.

XUSTIFICACIÓN

Na LOE se explicitan os valores nos que a lei se fundamenta : valores que promoverán a
liberdade persoal, a responsabilidade, a cidadanía democrática, a xustiza , a solidariedade.
No plan de convivencia de centro recolleranse os procedementos que procurarán a
consecución deste obxectivo.
O Plan de Convivencia do IES Fraga do Eume preséntase como unha proposta aberta e
flexible da mellora da convivencia escolar, aberta a participación de tódolos sectores da

IES Fraga do Eume Plan de Convivencia 3


IES FRAGA DO EUME Data: Abril 10
Elaborado por: Lois Rguez
Plan de Convivencia: Borrador

comunidade educativa e promotora da implicación de todos eles dende o convencemento de


que supón un beneficio para todos.
Co presente PC iníciase un proceso de mellora da convivencia para dar resposta aos
cambios da sociedade dende unha perspectiva que plantexa a necesidade de establecer
relacións dende unha base ética coa que comezar procesos de corresponsabilidade,
recoñecemento e confianza , con especial atención ao desenrolo ético, socio-afectivo e
intelectual do alumnado.
A educación , como factor de progreso,de cohesión social e de desenrolo persoal e social
debe ser pensada en clave humanizadora. A calidade da convivencia escolar incidirá
directamente na convivencia social .Aprender a vivir xuntos no centro educativo como
lugar privilexiado para o exercicio da cidadanía democrática sentará as bases para unha
democracia auténtica.
Dende esa visión o Plan de Convivencia será o instrumento que busque conseguir unha
especial relación comunicativa entre todos os membros , favorecendo a mellora dos
aspectos contextuais e organizativos nos que teñen lugar os procesos de ensinanza
aprendizaxe.

ANTECEDENTES

O Observatorio da Convivencia Escolar do IES Fraga do Eume constitúese no primeiro


trimestre do curso académico 2007-2008 composto polo Director , o xefe de estudios ,
dous representantes do profesorado , a orientadora, un representante do alumnado, unha
representante das familias e unha representante do persoal non docente coas seguintes
funcións :

 Dinamizar o plan de convivencia de centro


 Elaborar un informe anual da análise da convivencia
 Informar trimestralmente ao Consello Escolar

IES Fraga do Eume Plan de Convivencia 4


IES FRAGA DO EUME Data: Abril 10
Elaborado por: Lois Rguez
Plan de Convivencia: Borrador

 Coordinar as actuacións conxuntas dos ámbitos implicados relacionados coa mellora do


clima de convivencia
 Propoñerlle á Administración educativa as medidas oportunas para a mellora da
convivencia
O Observatorio para a Convivencia Escolar de centro é un órgano colexiado para
reflexionar e investigar en relación co estado da convivencia no centro e deseñar estratexias
que se deberán adoptar para o fomento da cultura da paz e para mellorar o clima da
convivencia escolar.
Funciona en pleno coa celebración de tres reunións anuais de carácter ordinario, unha por
trimestre, e con carácter extraordinario , cantas veces sexa convocado pola presidencia, a
instancia propia ou a proposta de , polo menos , unha terceira parte dos seus membros.
As actuacións levadas a cabo polo Observatorio da Convivencia Escolar do IES Fraga do
Eume durante o curso 2007-2008 pode , entre outros medidores, servir como punto de
partida para a análise da situación da convivencia do centro previa á aplicación do Plan de
Convivencia:
O Xefe de Estudios presentou nas dúas últimas reunións trimestrais preceptivas informes
que recollían a estatística de incidencias e conflitos e a súa tipoloxía. Destes informes
pódese concluír que a conflitividade no centro debíase , na maioría dos casos, a condutas
disruptivas na aula. Sen que estas situacións puidesen ser cualificadas de alarmantes ou
imposibles de atallar, atopábanse concentradas nun dos grupos de 2º ESO e provocadas por
alumnado desmotivado, esperando o momento de cumprir os 16 anos para incorporarse ou
ben ao mundo laboral ou a outras saídas académicas e estaban a producir un claro malestar
entre o profesorado e o resto do alumnado. Na actualidade está deseñado un protocolo de
actuación en caso de conducta disruptiva. (Anexo I)

Asemade , o OCE reuníuse en dúas sesións extraordinarias máis, convocadas polo


Director, para dar resposta a dúas situacións de maltrato entre iguais. Estes conflitos , de
carácter máis preocupante, levaron a que a Dirección elaborara un protocolo de actuación
para estes casos (anexo III. Protocolo Maltrato entre iguais)

IES Fraga do Eume Plan de Convivencia 5


IES FRAGA DO EUME Data: Abril 10
Elaborado por: Lois Rguez
Plan de Convivencia: Borrador

Durante o curso 2008-09 o observatorio da Convivencia realizou varias reunión para


analizar a documentación dispoñible e sentar as bases para a elaboración deste documento.
Estableceuse a dinámica de realizar e analizar os datos facilitados pola XE a través do
informe trimestral de Convivencia (anexo IV), no que se rexistran o total de incidencias,
por grupos, nº de alumnos dentro de cada grupo, tipoloxía de incidencia, e medidas
correctoras adoptadas.

No curso 2009-10 a dirección asume no último trimestre a redacción definitiva do plan de


convivencia. Tense en conta un feito moi destacado que é a reducción de incidencias en
ESO e BAC, e o destacado incremento nos ciclos medios, principalmente de primeiro ano e
no novo grupo de PCPI, sendo o máis habitual pequenas faltas de orde que desembocan en
falta de disciplina ante a corrección por parte do profesorado, existen tamén en menor
número desencontros entre o alumnado que rematan por xenerar un clima de incomodidade
no grupo.

Aínda que as relacións entre os distintos membros da comunidade educativa son , en xeral,
fluidas e respetuosas, aprécianse algunhas dificultades, especialmente entre alumnos, para
resolver as súas diferencias mediante o diálogo. No curso 2007-2008, ante esta situación,
escomezouse a usar a mediación como ferramenta de resolución pacífica de conflitos…..
(Anexo V Plan de mediación escolar)

DIAGNÓSTICO
As ferramentas de diagnóstico usadas foron:
Enquisas a pais, alumnado e profesorado
Análise de Informes de Convivencia (Anexo IV)
Aínda que as enquisas foron distribuídas o pasado curso, dado o baixo nivel de
participación non puidemos extraer datos significativos das mesmas polo que esperamos a
que no período de alegacións ó borrador do plan se realicen as aportacións que consideren
oportunas os distintos membros da comunidade educativa.

IES Fraga do Eume Plan de Convivencia 6


IES FRAGA DO EUME Data: Abril 10
Elaborado por: Lois Rguez
Plan de Convivencia: Borrador

OBXECTIVOS

 Fomentar na comunidade educativa os valores democráticos e actitudes de


respeto, solidariedade, tolerancia, liberdade e responsabilidade
 Fomentar actitudes de rexeitamento da violencia ou agresividade
 Impulsar relacións de comunicación fluída e respetuosa entre os distintos
sectores da comunidade educativa
 Coñecer e poñer en práctica estratexias de resolución pacífica de conflitos
 Facilitar un clima social que favoreza a convivencia, o respeto e a tolerancia
 Facer da educación en valores a base da cultura do centro
 Favorecer e impulsar a participación e de tódolos sectores na toma de decisións
 Facilitar e promover a relación familia-centro
 Fomentar a participación e integración do alumnado no centro
 Manter e coidar as instalacións do centro

RESPONSABLES DA ELABORACIÓN , DIFUSIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PLAN

Durante o pasado curso 2008-2009 traballouse no observatorio da Convivencia sobre o Plan


de Convivencia do Centro. Neste curso tamén se nomeu a unha profesora como
dinamizadora específica do Plan de Convivencia. A súa función foi a de coordinar e
recoller a documentación elaborada.
Realizáronse 3 reunións nas que se analizaron borradores dos distintos materiais
elaborados. Nestas reunións os distintos membros da comunidade educativa puideron facer
as súas aportacións que foron sometidas a discusión e debate. O presente plan recolle as
conclusións desas reunións.

IES Fraga do Eume Plan de Convivencia 7


IES FRAGA DO EUME Data: Abril 10
Elaborado por: Lois Rguez
Plan de Convivencia: Borrador

ACTUACIÓN RESPONSABLES CRONOLOXÍA


Elaboración de anexos Dirección curso 2007-2008
intervención
Elaboración protocolo Dirección curso 2007-2008
maltrato entre iguais
Elaboración de Profesora dinamización Curso 2008-2009
protocolo de convivencia
mediación Orientadora
Difusión alumnado Orientadora e titores Curso 2009-2010
Difusión profesorado e Dirección Curso 2009-2010
pais
Redacción definitiva Dirección Curso 2009-2010
do Plan
Aprobación Claustro e Consello Escolar Curso 2009-2010
Durante o presente curso a dirección asume a función da redacción definitiva do plan a
partir dos documentos xerados no curso anterior, para o cal dende a dirección se elabora un
borrador do plan que é sometido a unha fase de consulta e aportacións por parte de toda a
comunidade educativa.
Preténdese que as aportacións se poidan realizar dun xeito áxil e doado, asemáde tamén
pretendemos que o proceso de aprobación nos órganos colexiados sexa dinámico polo cal o
procedemento será o seguinte:
 Elaboración borrador por parte da dirección: antes do 15 de Abril
 Difusión ó resto da comunidade educativa e período de aportacións: ata o 10 de
Maio
 Redacción do borrador 2 que incluirá en cursiva e sombreado as novas achégas e
quen as realiza: ata o 15 de Maio
 Reenvio do borrador 2 ó resto da comunidade educativa: 15 de Maio
 Aprobación en órganos colexiados:
 Nunha primeira rolda someterase a votación o plan de Convivencia na súa
totalidade.
 De non saír aprobado, someterase a votación o plan de convivencia POR
EPÍGRAFES, e dicir, irase votando cada un dos puntos do plan tendo en conta as
achegas realizadas que tamén se someterán a votación.
IES Fraga do Eume Plan de Convivencia 8
IES FRAGA DO EUME Data: Abril 10
Elaborado por: Lois Rguez
Plan de Convivencia: Borrador

ACTUACIÓNS CONCRETAS E CRONOLOXÍA

DIRIXIDAS Ó ALUMNADO
Accións Metodoloxía/Recursos Temporalización
1º e 2º da ESO, Realizado por Atalaia
1. Obradoiro de educación en Curso 08-09
Social (en colaboración co Concello de
valores Curso 09-10
Pontedeume)
2. Atención individualizadas do
alumnado con conductas Por derivación de DO ou XE Curso 09-10
disruptivas
Botellón Cívico, realizado por Xeneme Curso 08-09
3. Obradoiro de Saúde
Curso 09-10
Formación a cargo de Atalaia Social
Curso 08-09
4. Programa de mediación (colab Concello Pontedeume)
Curso 09-10

5. Atención en Aula de convivencia


Pendente curso 10-11

6. Ludoteca
Pendente curso 10-11

7. Campañas de limpeza e coidado


Curso 07-08,08-
do centro Coordinadas pola vicedirección
09,09-10
8.
9. Xornadas de fomento do consumo Plan Valora Curso 07-08,08-
responsable 09,09-10
10. Educación social específica e Existe nalgún caso en colaboración co
persoalizada Concello de Cabanas Curso 08-09

11. Apertura bibliotecas tardes Curso 08-09

12. Plan PROA, inclue apertura Curso 09-10


bibliotecas tardes
13. Obradoiro de prevención de Programa botellón cívico dirixido a 4º de Curso 08-09
drogodepencias ESO impartido por Xeneme Curso 09-10

IES Fraga do Eume Plan de Convivencia 9


IES FRAGA DO EUME Data: Abril 10
Elaborado por: Lois Rguez
Plan de Convivencia: Borrador

DIRIXIDAS Ó PROFESORADO
Accións Metodoloxía Temporalización
Técnicas de resolución de Curso CFR No curso 2006-2007
Conflictos

Formación inicial e permanente Xornadas


en Consulta de material
-Técnicas de motivación bibliográfico
-Habilidades sociais
-Resolución de conflitos Cando se estime
-Acoso escolar necesario

IES Fraga do Eume Plan de Convivencia 10


IES FRAGA DO EUME Data: Abril 10
Elaborado por: Lois Rguez
Plan de Convivencia: Borrador

DIRIXIDAS ÁS FAMILIAS
Accións Metodoloxía Temporalización
Obradoiros para a mellora da Colaboración e Cando se estime
comunicación cos adolescentes : implicación da ANPA necesario
Axudar a estudar
A prevención do consumo de
drogas
A negociación…
Obradoiros de prevención de
conflito e acoso escolar

DIRIXIDAS Ó CENTRO
Accións Metodoloxía Temporalización
Revisión anual das normas Revisar o Regulamento de réxime Pendiente de revisión
de convivencia interno
Xornadas de convivencia

DIRIXIDAS Á CONTORNA
IES Fraga do Eume Plan de Convivencia 11
IES FRAGA DO EUME Data: Abril 10
Elaborado por: Lois Rguez
Plan de Convivencia: Borrador

Accións Metodoloxía Temporalización


Coordinar os recursos Co Concello de Pontedeume existe
existentes no contorno para a na actualidade unha colaboración
mellora da convivencia estreita neste eido.
(outros centros,
Concello,ONGs, centros de
saúde …) Establecer contacto co
Concello de Cabanas

RECURSOS DISPOÑIBLES NO CENTRO


 Atención á diversidade
 Regulamento de Réxime Interior (revisar )
 Inclusión nas Programacións didácticas das distintas áreas ou materias da educación en
valores
 Función titorial e orientadora (PAT revisar, engadir, modificar para que o PAT sexa
de xeito organizado e estruturado unha ferramenta para a prevención de conflitos e a
mellora da convivencia, e que reflicta o que xa se está a traballar na actualidade.
 Implicación e compromiso do Equipo Directivo na mellora da convivencia do centro
 Departamento de Orientación
 Observatorio da convivencia de centro
 Responsable de Convivencia, profesores garda convivencia
 Aula de Convivencia

BIBLIOGRAFÍA E ENLACES WEB


Completar

IES Fraga do Eume Plan de Convivencia 12


PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ANTE SITUACIÓNS DISRUPTIVAS EN AULA

DISRUPCIÓN EN AULA APERCEBIMENTO ORAL


(alumn@) (profesor@)

O abandono de aula será con


ABANDONO AULA e material de traballo específico e
COMPARECENCIA EN X.E posterior parte de incidencias que se
(profesor@) deberá entregar en X.E.

CUBRIR PARTE
INCIDENCIAS ANÁLISE SITUACIÓN COMUNICACIÓN A
(profesor@) E REXISTRO TITOR@ E PAIS
(Xef@ estudos) (Xef@ estudos)

ou
ESTABLECEMENTO
MEDIDAS
TRABALLO EN AULA DE TRABALLO CON MATERIAL CORRECTORAS (si é
CONVIVENCIA con ESPECÍFICO CONVIVENCIA o caso, oído titor e
(1ª, 2ª e 3ª incidencia disruptiva)
material específico da (alumn@) profesor e país?)
materia proporcionado (Xef@ estudos)
polo profesor
(alumn@)
O material específico de convivencia
é o indicado no anexo II, este material COMUNICACIÓN A
invita á reflexión e interiorización da OBSERVATORIO
SUPERVISIÓN POR APOIO D@ actuación d@ alumn@ e ó
PROFESOR@ DE RESPONSABLE DE compromiso de cambio de actitude CONVIVENCIA
GARDA convivencia CONVIVENCIA Traballará con este material o X.E. (informe trimestral)
Ou a persoa responsable de (Xef@ estudos)
Convivencia ou Orientadora
IES FRAGA DO EUME Data: Abril 10

Anexo I Protocolo disrupción Elaborado por: Lois Rguez

Ante una situación disruptiva na aula por parte dun alumno utilizarase o seguinte
protocolo de actuación:

1. APERCEBEMENTO ORAL POR PARTE DO PROFESOR.

Se a situación é continua e se impide o desenvolvemento normal da actividade,

2. ABANDONO DE AULA E COMPARECENCIA ANTE XEFE DE


ESTUDOS

O abandono de aula será con material de traballo específico

O profesor cubrirá o parte de incidencias e o entregará en X.E.

Se o profesor non entrega o parte de incidencias se entende que non desexa que
se adopten medidas nin que quede rexistrado o incidente.

3. ANÁLISE DA SITUACIÓN E REXISTRO

O X.E. rexistrará a incidencia tras analizar o parte de incidencias e escoitar ao


alumno. (posibilidade de utilizar un parte compartido).

O X.E. comunicará a incidencia ao titor/a

O X.E. comunicará a incidencia aos pais mediante chamada telefónica ou por


correo se é preciso tras valorala gravidade da mesma.

4. TRABALLO CON MATERIAL ESPECÍFICO CONVIVENCIA

A 1ª e 2ª incidencia disruptiva de un alumno se traballará con material específico


que invita á reflexión por parte do alumno sobre a súa actuación e se buscará un
compromiso de cambio de actitude. (ANEXOS II a e b)

Este traballo será supervisado polo Xefe de estudos, a orientadora ou a persoa


responsable de convivencia ou de garda de convivencia. En calqueira dos casos
o profesorado encargado terá unha formación específica neste eido.

5. TRABALLO EN AULA DE CONVIVENCIA

A 3ª e seguintes incidencias por parte dun alumno conlevará un traballo na aula


de convivencia. Este traballo é o mesmo que se realiza na clase e deberá ser
proporcionado polo profesorado.
IES FRAGA DO EUME Data: Abril 10

Anexo I Protocolo disrupción Elaborado por: Lois Rguez

A supervisión deste traballo correrá a cargo do profesorado de garda


(específico), co apoio da equipa directiva.

6. ESTABLECEMENTO DE MEDIDAS CORRECTORAS *

O X.E. procederá ao establecemento de medidas correctoras se a incidencia así o


precisa tras escoitar ao profesor, ao titor/a e aos pais do alumno.

7. OBSERVATORIO DE CONVIVENCIA.

O X. E. presentará un informe trimestral das incidencias e das medidas


adoptadas ante o observatorio.

*o establecemento de medidas correctoras pode ocorrer ao longo do proceso


dependendo da gravidade da incidencia.
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ANTE SITUACIÓNS DISRUPTIVAS EN AULA

DISRUPCIÓN EN AULA APERCEBIMENTO ORAL


(alumn@) (profesor@)

O abandono de aula será con


ABANDONO AULA e material de traballo específico e
COMPARECENCIA EN X.E posterior parte de incidencias que se
(profesor@) deberá entregar en X.E.

CUBRIR PARTE
INCIDENCIAS ANÁLISE SITUACIÓN COMUNICACIÓN A
(profesor@) E REXISTRO TITOR@ E PAIS
(Xef@ estudos) (Xef@ estudos)

ou
ESTABLECEMENTO
MEDIDAS
TRABALLO EN AULA DE TRABALLO CON MATERIAL CORRECTORAS (si é
CONVIVENCIA con ESPECÍFICO CONVIVENCIA o caso, oído titor e
(1ª, 2ª e 3ª incidencia disruptiva)
material específico da (alumn@) profesor e país?)
materia proporcionado (Xef@ estudos)
polo profesor
(alumn@)
O material específico de convivencia
é o indicado no anexo II, este material COMUNICACIÓN A
invita á reflexión e interiorización da OBSERVATORIO
SUPERVISIÓN POR APOIO D@ actuación d@ alumn@ e ó
PROFESOR@ DE RESPONSABLE DE compromiso de cambio de actitude CONVIVENCIA
GARDA convivencia CONVIVENCIA Traballará con este material o X.E. (informe trimestral)
Ou a persoa responsable de (Xef@ estudos)
Convivencia ou Orientadora
IES FRAGA DO EUME
Rúa Ricardo Sánchez nº 3
15600 Pontedeume

A CoruñaIES VFRAGA DO EUME

PROCEDEMENTO:PROFESORADO DOCUMENTO:PARTE DE INCIDENCIAS DE AULA

DATA: CURSO: HORA:

PROFESOR:

ALUMNADO:

INCIDENCIA:

DECLARACIÓN DO ALUMN@ ATENDIDO POR:____________________________________

Pontedeume a,_______________________________ Asdo:


........................................................
Ies Fraga do Eume CONVIVENCIA
Alumnado que acude por 1ª vez ou por 2ª vez con distinto motivo
Alumno:
Curso e Grupo:

Por favor le, reflexiona e contesta ás cuestións que aparecen a continuación

Que pasou e cal foi a miña reacción?

Que conseguín?

En que mellorou a miña situación?

Como me sinto?

Que poido facer para resolver esta situación?


A partires de agora, cal é o xeito máis intelixente de actuar ante unha situación
similar?

COMPROMISO PERSOAL

A partires de agora, para mellorar a miña actuación persoal, comprométome a:

Data:

Asinado: @ alumn@...........
Ies Fraga do Eume CONVIVENCIA Ficha 2
Alumnado que acude por 2ª vez pola mesma causa
Alumno:
Curso e Grupo:

Unha vez que leas e reflexiones sobre a ficha que cubriches a última vez
contesta ás cuestións que aparecen a continuación:

Escribe os teus compromisos que aparecen na ficha I

De todo o que plantexache, Que saíu mal? Porqué?

Que podes facer para que as cousas saían mellor?

NOVO COMPROMISO PERSOAL


A partires de agora, para mellorar a miña actuación persoal, comprométome a:

Data:

Asinado: @ alumn@...................................................
Protocolo de actuación ante o maltrato entre iguais no
centro educativo : PLAN DE INTERVENCIÓN

• Comunicar a situación de maltrato no centro escolar ante :


-un profesor ou profesora co que poida existir máis confianza
-o/a titor/a
-o Departamento de Orientación
-o Equipo Directivo

Calquer membro da comunidade educativa que teña coñecemento sobre unha


situación de maltrato deberá comunicarlo á dirección , ben por escrito ou de
forma verbal solicitando unha entrevista

• O Director ou persoa do centro en quen delegue , deberá


AXENTES
Recoller información utilizando o documento” recollida de información “

Citar á familia do alumno/a agredido/a en entrevista individual para darle a


coñecer o alcance da situación e recabar información

Citar á familia do alumno/a agresor/a en entrevista individual para darle a


coñecer o alcance da situación, as actuacións legais que competen ao centro
educativo , recabar información e solicitar a súa implicación para a solución
do conflicto

Análise da información e decisión das medidas correctoras : Plan de Observatorio


Intervención Convivencia

Seguimento e avaliación do Plan de Intervención


Protocolo de actuación ante o maltrato entre iguais no
centro educativo : PLAN DE INTERVENCIÓN

Actuacións co alumnado implicado

Alumno/a :

Alumno/a:

Espectadores/as:

O grupo de clase :

Todo o alumnado :

Actuacións coas familias

Actuacións cos equipos docentes

Recursos

Temporalización

Seguimento e avaliación
Protocolo de actuación ante o maltrato entre iguais no
centro educativo : PLAN DE INTERVENCIÓN

PROPOSTA DE MEDIDAS CORRECTORAS

• Petición de disculpas verbal e por escrito


• Compromiso/contrato por escrito de modificación da conducta agresiva
• Participación nun proceso de mediación
• Realización de traballos específicos en horario non lectivo relacionados co dano
causado
• Realización de tarefas relacionadas coa mellora da convivencia no centro
• Proposta de participación en programas específicos de habilidades sociais
con autorización e implicación familiar fóra do horario lectivo
• Amoestación
• Comparecencia puntual e periódica ante o Xefe de Estudios  entrevistas
de seguimento
• Suspensión do dereito a participar en actividades complementarias e
extraescolares
• Suspensión do dereito de asistencia ao centro por un prazo máximo de tres
días
• Outras :

• Apertura de expediente disciplinario

• PROPOSTA DE SEGUIMENTO E AVALIACIÓN

• AVALIACIÓN
Protocolo de actuación ante o maltrato entre iguais no
centro educativo : PLAN DE INTERVENCIÓN

INFORME RECOLLIDA DE INFORMACIÓN

Feitos observados :
Alumnos implicados :
Lugar onde tivo lugar :
Data :
Observado por :
Tipo de agresión :

VALORACIÓN INICIAL DA SITUACIÓN


Protocolo de actuación ante o maltrato entre iguais no
centro educativo : PLAN DE INTERVENCIÓN

PROPOSTA DE MEDIDAS
PREVENTIVAS :

CORRECTORAS:

NA AULA/NO CENTRO:

 Pautas de protección para evitar futuras situación de risco (vixiancia de pasillos e


baños) xunto coa formación dun grupo/círculo de amigos que acompañen á persoa
agredida
 Intervención dos equipos docentes/orientación/directivo/titores nas aulas para
deixar claro unha postura de tolerancia cero hacia calquera conducta agresiva e
facer unha reflexión sobre as consecuencias que estos comportamentos teñen
para todos xunto co fomento da solidariedade ante a inxusticia . (material de
sensibilización e concienciación elaborado polo departamento de orientación)
 Nas titorías reflexionar sobre a necesidade de denunciar as situación de
maltrato superando medos e traballando a asertividade publicitando o protocolo
de denuncia destas situacións (por correo electrónico, buzón de queixas ,
solicitude de entrevista co equipo directivo ou unha persoa de confianza do
equipo docente..)
 Intervención coas familias dos alumnos espectadores
 Intervención individual cos espectadores para que reflexionen sobre o seu papel
e se poñan no lugar da persoa agredida

INTERVENCIÓNS : Xefatura de Estudios, Orientación , Titores, Equipo Docente,


familias, Equipos especializados
Protocolo de actuación ante o maltrato entre iguais no
centro educativo : PLAN DE INTERVENCIÓN
IES FRAGA DO EUME
Rúa Ricardo Sánchez nº 3
15600 Pontedeume

A CoruñaIES VFRAGA DO EUME


PROCEDEMENTO: XEFATURA ESTUDIOS DOCUMENTO: INFORME INCIDENCIAS CONVIVENCIA

1º TRIMESTRE 2º TRIMESTRE 3º TRIMESTRE

GRUPO INCID. ALUM. GRUPO INCID. ALUM. GRUPO INCID. ALUM.

1º BACH 1º BACH 1º BACH

2º BACH 2º BACH 2º BACH

1º ESO 1º ESO 1º ESO


A A A

1º ESO 1º ESO 1º ESO


B B B

2º ESO 2º ESO 2º ESO


A A A

3º ESO 3º ESO 3º ESO


A A A

4º ESO 4º ESO 4º ESO


A A A

4º ESO 4º ESO 4º ESO


DIV DIV DIV

CICLOS CICLOS CICLOS

TOTAL TOTAL TOTAL


IES FRAGA DO EUME
Rúa Ricardo Sánchez nº 3
15600 Pontedeume

A CoruñaIES VFRAGA DO EUME


__º AVALIACIÓN

TIPO DE INCIDENCIA
CONDUCTAS DISRUPTIVAS
DANOS Ó MATERIAL
FALLA DE ORDE OU DISCIPLINA
CONFLICTO ENTRE ALUMNOS
FALLA DE TRABALLO

-----------------------

ALUMNO-ALUMNO
ALUMNO
MATERIAL
--------------------

AMOESTACIÓN VERBAL
COMUNICACIÓN TELEFÓNICA ÓS PAIS
AMOESTACIÓN ESCRITA

MEDIACIÓN-CONCILIACIÓN - DISCULPA FORMAL

TRABALLO FORA DA AULA EN XORNADA LECTIVA

TRABALLO FORA DA XORNADA LECTIVA (RECREO)

TRABALLO FORA DA XORNADA LECTIVA (TARDES)

OBSERVACIÓNS:

DATA:___/___/______ Asdo: ................................................................................................


1.- XUSTIFICACIÓN

Un dos grandes retos da institución educativa é a

resolución dos conflitos de xeito pacífico. Partindo desta

premisa no IES Fraga do Eume decidimos iniciar durante

o curso 2006-2007 un curso de Formación en Centros

sobre mediación, para propor, na resolución de conflitos

naturais, respostas diferentes ás clásicas de evitación ou


punitivas.

A creación e formación dun colectivo de alumnos que fora

capaz de escoitar e acompañar nas súas necesidades a

outros compañeiros, supón introducir unha filosofía de

xestión de convivencia baseada nas capacidades de

negociación e respecto mutuo, fomentando deste xeito a

empatía e a mellora das relacións interpersoais.

Ter conflitos con outras persoas non é malo; diariamente

todos temos momentos de desencontro en que existe unha

diferenza de criterios, opinións, intereses, con respecto á

persoa ou persoas que temos enfronte, pero sempre

tratamos de chegar a un punto de entendemento que vén a

ser unha das claves dunha convivencia axeitada. Convivir

en diversidade implica conflito, pero violencia e conflito

non son sinónimos. A violencia é un xeito de resolución de

conflitos sen posibilidade de diálogo e aceptación do

outro, do diferente, de quen non forma parte do clan.

A escola como organización social ten os mesmos

problemas que o resto da sociedade, é un espello que

adoita reflectir os males do medio. Polo tanto, como

organización, bastante complexa, debe coidar a propia

estrutura organizativa e orientar a acción cara á

prevención ante a aparición de condutas perturbadoras.

Propiciar no marco escolar espazos e estruturas que

deixen lugar a procesos de mediación, de negociación e

fomentar as actitudes que fan do conflito unha

oportunidade de desenvolvemento máis que de violencia


ou destrución; representa unha nova visión da educación.

Este modelo promove un marco e unhas relacións

pacíficas que poden trasladarse despois aos diferentes

ámbitos da vida en que se move o alumnado e tamén o

profesorado. Serve tamén para sentar as bases dun tipo

de relacións que se reflictan na súa futura vida.

Os conflitos que xorden nos centros e que non son

abordados poden permanecer latentes durante moito

tempo, polo tanto, a intervención a través dos

procedementos de Resolución de Conflitos baseados na

Mediación revélase como unha das técnicas máis

eficaces. Por iso, faise necesario crear e/ou reforzar unha

cultura favorable ao diálogo e o entendemento entre as

persoas que permita aos nosos alumnos dispor das

estratexias necesarias para superar os problemas que

puidesen ter co resto dos seus compañeiros. Tamén se fai

imprescindible a creación dunha serie de mecanismos e

protocolos de actuación que poidan ser utilizados polos

nosos alumnos cando todo o anterior non funcione.

2.- A MEDIACIÓN ESCOLAR

A idea é traballar cos propios conflitos do noso Instituto.

Non esperando a que estoupen, traballando nos primeiros

estadios, ou incluso antes de que se produzan, para que

con tempo e sen apasionamiento podamos aprender a

analizaros e desenvolver ideas creativas de resolución que

nos permitan afrontaros mellor cando xurdan.


Trátase dunha perspectiva preventiva e formativa que

pretende habilitar alumnos e profesores das ferramentas

necesarias para afrontar dunha maneira máis serena e

acertada os conflitos diarios dos centros. E sendo as

mediacións informais a meta máis ambiciosa a conseguir:

espontaneamente os alumnos median en situacións cotiás.

Dependerá de como abórdense os conflitos o que estes

poidan resultar negativos, destrutivos ou ben converterse

nunha oportunidade para aprender máis das persoas.

Fronte á idea do alumno como cliente, revalorizamos a

figura deste como o coprotagonista do medio escolar.

Asumindo responsabilidades de xestión e de toma de

decisións na organización do medio escolar.

Consideramos que a mediación escolar pode ser unha

ferramenta eficaz para axudar os nosos alumnos a superar

os seus conflitos. A continuación realizamos un breve

resumo do que imos entender por mediación escolar

resaltando os aspectos máis importantes da mesma.

A mediación é unha maneira de resolver conflitos de forma

práctica, onde os alumnos serán os encargados de

encontrar a solución ao seu problema. Na mediación

participan, ademais dos alumnos que voluntariamente

solicítena, unha ou dúas persoas (os mediadores) que lles

axudarán a facer todo este traballo. É dicir, a cooperar, a

axudarlles a comunicarse para que encontren solucións

que sexan xustas e satisfactorias para todos e polo menos

poder mellorar a relación coa outra persoa. O feito de


utilizar o diálogo como a base da busca da solución do

problema supón que, aínda que a mediación escolar non

acabase nun acordo satisfactorio para ambas as dúas

partes, o simple feito de sentarse e falar sobre as

diferenzas existentes entre as persoas pode considerarse

un éxito que a bo seguro mellorará a medio ou longo prazo

a convivencia entre eles, a un tempo que contribuirá a

crear unha cultura do diálogo entre os nosos alumnos. Hai

dúas características da mediación escolar que se teñen

que ter moi presentes. Son as seguintes:

VOLUNTARIEDADE: A mediación escolar será voluntaria

para os alumnos. En ningún momento será empregada

como un castigo a cumprir. Debido á propia filosofía da

mediación escolar, serán os alumnos os que a soliciten.

Este carácter voluntario tamén se extende aos mediadores

quen poderán rexeitar unha mediación escolar se as

condicións da mesma non lles parecesen as axeitadas ou

puidésense ver implicados dalgún xeito nun certo

favoritismo cara a algunha das partes en conflito.

CONFIDENCIALIDADE: Todo o que se diga nunha

mediación escolar será segredo. Este aspecto ten que

estar moi presente para os mediadores e se lles debe

deixar claro aos alumnos que inicien unha mediación

escolar. Non cumprir este requisito podería supor o

fracaso de todo o proxecto que aquí estamos detallando.

Os documentos que se cubran en cada mediación escolar


serán arquivados e mantidos en segredo atendendo a este

principio.

3.- HISTORIA DO NOSO PROXECTO

A historia do proxecto establécese en tres fases que

abarcan máis dun curso académico.

A primeira aproximación que se levou a cabo durante o

curso 2006-2007 coa colaboración de ADAFAD:

- Organización dun praograma de Formación en Centros

para iniciar este proxecto de mediación.

- Formación de mediadores, tanto entre profesores como

entre alumnos e nais/pais. Formación impartida pola

asociación ADAFAD.

Continuación do proxecto durante o curso 2008-2009, coa

colaboración da asociación Atalaia Social:

- Fase informativa do Programa de Mediación no centro:

cartelería, charlas.

- Fase de captación de novos alumnos mediadores.

- Fase de formación teórico-práctica dos futuros alumnos

mediadores.

- Fase de práctica guiada: 1 mediación.

Consolidación do proxecto durante o curso 2009-2010, coa

colaboración da asociación Atalaia Social:

- Fase informativa do Programa de Mediación no centro:

cartelería, charlas.

- Fase de continuación-revisión da formación de alumnos

mediadores.
- Fase de posta en práctica do servizo de mediación

escolar.

- Fase de difusión a través da web do centro.

4.- DESENROLO DO PROXECTO

4.1- OBXECTIVOS

• Mellorar a convivencia no centro educativo potenciando a

aprendizaxe dunha ferramenta como a mediación escolar

orientada á resolución constructiva de conflitos.

• Ensinar estratexias e habilidades necesarias para

desempeñar a función de mediación en conflitos.

• Fomentar un clima socioafectivo positivo entre as

persoas que participen no equipo de mediación, de forma

que lles axude ao seu desenvolvemento persoal.

4.2- PERSOAS DESTINATARIAS

O programa está dirixido aos rapaces/as que estean cursando

a ESO ou Bacharelato. Indirectamente, a actuación

repercutiría en toda a comunidade educativa tanto en canto

os rapaces/as do IES poderían utilizar este servizo para

resolver os seus conflitos como na mellora do clima do

centro.

4.3- CURSO 2008-2009 DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA


O desenrolo do programa tivo lugar coa intervención de

Atalaia Social, e desenvolveuse a través de varias liñas de

actuación:

1. Reunión co Equipo de Mediación do centro:

Para reanudar o proxecto convocaronse dúas reunións coas

persoas que conforman o equipo, co fin de falar das novas

liñas da continuación e revisar opinións e dispoñibilidade.

Algunhas das persoas deixaron o equipo, ben por decisión

propia ou por dificultades horarias. Nestas reunións veuse

quen continúa e cómo poder poñer en marcha unha campaña

de captación.

2. Campaña de captación para novas persoas mediadoras

A pesares de que se traballará co grupo e se terá en conta as

súas aportacións, a idea inicial para a captación consistirá

en dúas accións:

- Colocación e reparto dunha publicidade elaborada polos

rapaces/as.

- Información do Programa nas sesións de titoría.

3. Formación das novas persoas incorporadas

Esta formación terá 12 horas de duración a repartir en catro

sesións de 3 horas.

A este curso acudiu tamén a orientadora e a profesora

encargada de mediación. Fixeronse traballos en grupo xa que


é interesante fomentar ese contacto e que as persoas

mediadoras aprendan a formar parte dun equipo moi

diferente ao habitual.

Os contidos do curso xiraron en torno á resolución de

conflitos, habilidades e funcións da persoa mediadora e o

proceso de mediación, o cal atende aos seguintes pasos:

1º. Comprender e escoitar os problemas presentados polas

partes

2º. Revelar ás partes que a persoa mediadora coñece e

entende os problemas

3º. Crear dúbidas nas partes respecto á validez das posicións

asumidas

4º. Suxerir enfoques alternativos

Traballouse ademais con situacións hipotéticas para

adestrar a mediación, e casos reais onde poñer en práctica o

aprendido.

Na última das sesións, acudiron as persoas que xa están

actuando como mediadoras, para recordar algúns conceptos

e poñer exemplos reais que se deran no instituto.

4. Xuntanza de todo o Equipo de Mediación

Unha vez formadas as novas persoas, revisouse o protocolo de

actuación, que tipoloxía de conflitos derivar ao equipo e como

se levaría a cabo a implicación do profesorado. Para iso

levouse a cabo unha reunión entre a orientadora, as técnicas


de AtalaiA.social e a profesora representante do equipo de

mediación

4.5- CONSOLIDACIÓN DO PROXECTO CURSO 2009-10

Prétendese dar continuidade ao proxecto de mediación escolar

posto en marcha anteriormente no centro.

Nª de participantes: 1O nenos/as de 1º a 3º da ESO do IES Fraga

do Eume, 1 persoa educadora

Temporalización: de novembro do 2009 a xuño de 2010

Dita intervención desenvolveuse a través de varias liñas de

actuación:

1.Reunión co Equipo de Mediación do centro:

Para reanudar o proxecto convócanse dúas reunións coas

persoas que conforman o equipo, co fin de falar das novas liñas

da continuación e revisar opinións e dispoñibilidade.

2.Formación e “reciclaxe” das novas persoas incorporadas

As sesións van dirixidas aos rapaces/as que xa foron formados

como mediadores/as o ano anterior, co fin de repasar conceptos

e practicar a mediación antes de poñer en marcha o servizo.

Estas sesións realízanse polas tardes, cunha periodicidade de

15 días, habendo un total de 5 sesións.

3.Campaña de presentación do servizo de mediación

Co fin de que todo o alumnado e profesorado coñezan a

existencia do servizo de mediación, e comprendan a súa


funcionalidade e funcionamento realízase unha campaña de

difusión utilizando as seguintes estratexias:

- Colocación e reparto dun folleto de publicidade.

- Información do Proxecto nas sesións de titoría.

- Realización dunha presentación a cada curso, con power-point

e role-playing sobre mediación no salón de actos do IES, polo

propio Equipo e a educadora-formadora do programa.

4.Apertura do servizo de mediación

Unha vez presentado o proxecto, establecido o protocolo de

actuación, a tipoloxía de conflitos a derivar ao equipo, etc;

ponse o servizo en marcha. Para solicitar a mediación os

rapaces/as deixan unha solicitude nun buzón destinado

especificamente a esta tarefa. Unha vez aceptada a solicitude a

educadora, xunto cun dos rapaces/as do equipo de mediación

realizan a intervención.

Nº de mediacións realizadas: 2

5.Seguimento e apoio ao equipo de mediación

Unha vez posto en marcha o servizo, establécense reunións ao

longo do curso co equipo de mediación para comentar os casos

xurdidos, continuar a formación, resolver dúbidas e realizar a

avaliación continua do programa. A estas reunións poden

acudir, ademais dos membros do alumnado formado en

mediación, a orientadora ou o profesorado interesado.


ENLACES CONVIVENCIA
http://convivencia.wordpress.com/tag/convivencia/

http://blog.educastur.es/convivencia/2007/08/28/el-aprendizaje-de-la-convivencia-en-los-centros-educativo

http://www.juntadeandalucia.es/educacion/convivencia/com/jsp/listado.jsp?canal=1202&seccion=bibliografia

http://www.copoe.org/con-vivencia/14Postulados.html

http://www2.elkarrekin.org/elk/elkarbizitzagida/

http://www.orientaeduc.com/content/blogsection/9/84/

http://www.convivencia.educa.aragon.es/ini.php?iditem=1

http://www.educacion.navarra.es/portal/Informacion+de+Interes/Asesoria+para+la+Convivencia/Profesorado

http://www.unmundodevalores.com/aplica.html

http://www.isftic.mepsyd.es/w3/recursos2/convivencia_escolar/index.html

http://www.cuadernointercultural.com/

http://www.edualter.org/index.htm

http://www.educacionenvalores.org/spip.php?rubrique2

También podría gustarte