Está en la página 1de 3

A MULLER NA ANTIGA GRECIA.

O SEU PAPEL NA SOCIEDADE:

Na Grecia clásica a muller carecía de dereitos políticos e xurídicos. Tiña un


titor legal, o kyrios, normalmente o seu pai, e se este faltaba, un irmán, un avó ou ben a
persoa designada ó efecto. O titor elixido era o encargado de escollerlle marido e quen
decidía o seu destino. Así pois, a vida da doncela pasaba ignorante na reclusión do
xineceo. Os homes libres e os escravos eran os encargados de facer as compras na
ágora.. Segundo Menandro, unha muller honesta debía quedar na casa, pois a muller na
rúa non ten nada que buscar. Nin sequera o matrimonio cambiaba o estado das cousas.
A doncela só pasaba do xineceo do pai ó do seu marido, e se ben neste era a dona
absoluta do seu limitado círculo, para nada compartía a vida intelectual do seu marido,
quen a consideraba pouco máis ca un escravo doméstico fiel.
De calquera xeito, as atenienses pobres frecuentaban máis a rúa que as de
posicións acomodadas e traballaban como vendedoras para contribuír á mantenza da
familia.

Como norma prevalecía a opinión de que a muller era un ser de natureza


inferior ó home. Este principio, de feito, foi repetidamente pronunciado por antigos
filósofos e lexisladores. Incluso no caso da muller espartana, a quen a lei permitía plena
liberdade para mostrarse en público e fortalecerse por medio do exercicio físico, non se
tratou dunha idea filosófica de igualdade de sexos senón que esta liberdade fundouse no
desexo de producir nenos vigorosos por medio do fortalecemento do corpo das
mulleres.

Nestas condicións, a influencia da muller na cultura foi escasa, se ben, merecen


mención á parte as heteras, cortesás que debido á súa beleza e cultura exercían gran
influencia, incluso sobre os homes das máis altas esferas; sirva como exemplo o caso de
Aspasia, quen converteu a súa casa en lugar de cita de filósofos e escritores e da que
Pericles se namorou apaixonadamente. No trato da sociedade, as heteras eran
superiores ás mulleres castas debido á súa relación libre cos homes, xa que estas non
fuxían da luz do sol, nin estaban castigadas pola lei. Só as casas dos homes casados
estaban pechadas para elas.

TAREFAS FEMININAS:

A ocupación principal das mulleres, ademais de preparar as comidas,


consistía en fiar e tecer. A arte antiga tratou frecuentemente destas ocupacións
domésticas. Consérvanse moitos retratos de doncelas fiando, pintadas en xarróns. Do
mesmo xeito, a habilidade das mulleres gregas no bordado está suficientemente
demostrada nos debuxos e bordos dos vestidos gregos dos que temos abundantes
exemplos nas pinturas de vaixelas.

No referente á preparación das comidas, sabemos que a parte máis dura desta
obriga, como moer nos muíños de man, a realizaban as criadas. Cocer e torrar carne
sobre o asador estaba entre as obrigas dos escravos, numerosos en cada casa, incluso nas
de riqueza modesta.
O ASEO CORPORAL E A MODA NO VESTIR:

Na época de Pericles as mulleres utilizaban peiteados complicados. As


mulleres libres cortaban o cabelo en sinal de loito. As solteiras adoitaban poñerse unhas
cintas para suxeitar o seu cabelo no alto da cabeza. As korai da Acrópolis levan longas
trenzas que caen sobre a espalda e o peito. As mulleres escravas levaban os cabelos
cortos.

Tense atopado na ágora de Atenas peites de madera de oliveira, pero tamén os


había de óso, marfil, cuncha e bronce. Era normal o uso de tintes para o pelo, sobre
todo, para lograr matices loiros. Non era raro o uso de trenzas e perrucas postizas. Para
se depilar as mulleres empregaban a chama dunha lámpada, pastas especiais e navallas.
Tamén usaban cremas de beleza, perfumes e afeites para obteren unha tez branca ou
rosácea. As cortesás, ademais, sombreaban os ollos e as cellas con trazos negros ou
castaños.

A vestimenta feminina diferenciábase da masculina tanto na súa colocación


como no colorido. O peplos, vestido da maioría das mulleres, era un velo moi longo
que cubría totalmente o corpo chegando ata os pés e deixando ó descuberto os
brazos e un dos costados. Suxeitábase con fibelas nos ombros. Plutarco di que as
espartanas levaban túnicas que se entreabrían e deixaban ó descuberto as súas coxas;
por iso as denominaban fainomerides, literalmente “as que ensinan as coxas”. Cando o
peplos era longo pregábase e utilizábase como carapucha. Durante a época clásica os
vestidos eran de cor branca ou dunha única cor.

As mulleres embelecíanse con colares, pulseiras e pendentes. No século V


a.c. as gregas levaban uns pequenos aros nas súas orellas, adornados cun rosetón.
Tamén os levaban no nocello ou no papo da perna, que, segundo parece, tiñan un valor
relixioso ou máxico.

Dous elementos deberon desempeñar un papel fundamental no tocado


feminino: o abano e o parasol Os primeiros tiñan forma circular e de folla de palmeira,
e as súas cores eran variadas: verdes, azuis, brancos e dourados. O parasol era portado
por un escravo.

Os zapatos eran elegantes e variados. Tiñan fama os “pérsicos” e os


“laconios”. Algúns tiñan tacóns para aumentar a estatura da muller. En canto á cor,
podían ser negros, vermellos, brancos ou amarelos.

O MATRIMONIO:

Na maioría dos casos, un matrimonio grego era un asunto de conveniencia.


O home considerábao deber seu para dar unha continuación lexítima á súa familia.

A elección do cidadán ateniense estaba limitada ás doncelas atenienses; a


descendencia dun matrimonio dun home ou doncela ateniense cun estranxeiro
considerábase ilexítima ante a lei.
Nos esponsais solemnes, sempre precedendo o matrimonio real, establecíase o
dote da noiva; a súa posición coma muller casada dependía moito do seu valor. No
caso de separación, o dote tiña que ser devolto ós pais da esposa na maioría dos casos.

A idade máis apropiada para contraer matrimonio fíxaa Platón na súa República:
vinte anos para elas e trinta para os homes. Nembargante, non había ningunha regra a
este efecto.

Os gregos, supersticiosos, preferían casar en inverno e nos días de lúa chea. As


cerimonias comezaban dende a véspera; a noiva ofrecía un sacrificio ás divinidades
protectoras do matrimonio: Zeus, Artemisa, Apolo. Consagráballes os seus xoguetes e
aqueles obxectos familiares que rodearan a súa nenez. Un grupo de amigas traía auga da
fonte Callirhoe para o baño da noiva, que supoñía un rito de purificación. Ao anoitecer,
tralo banquete, unha comitiva acompañaba a desposada á súa nova residencia. Ía vestida
de branco, co rostro velado e a cabeza cuberta cunha coroa. Na porta do novo domicilio
esperaban os pais do noivo, que botaban sobre a desposada noces, figos secos e
ofrecíanlle parte do pastel nupcial feito con sésamo, mel, un marmelo e un dátil,
símbolos de fecundidade. A continuación a parella entraba no tálamo nupcial e
posiblemente entón a noiva quitaba o veo.

En xeral, os matrimonios non eran prolíficos, entre outras razóns porque o


esposo encontraba satisfacción sexual extramatrimonial con cortesás ou concubinas; e
porque había que evitar que o patrimonio familiar se repartise entre varios varóns.
Hesíodo é tallante neste aspecto: “procura ter un só fillo para conservar intacto o teu
patrimonio, pois así a riqueza crecerá na túa casa”. Dous medios considerados
lexítimos, o aborto e a exposición de neófitos, eran utilizados para evitar que unha
familia fose numerosa, se ben a esposa non podía abortar sen o permiso do seu marido.

O marido, á súa vez , debía repudiar a esposa no caso de adulterio, pois de


non o facer era castigado coa atimia ou perda de dereitos cívicos. Podía haber repudio
en caso de esterilidade; entón o marido tiña que reintegrar ó seu sogro o dote recibido.
En cambio, a muller non podía separarse do esposo sen unha resolución xudicial.
Só a esposa que recibía malos tratos físicos, podía pedir a separación, para o que
presentaba un escrito ó arconte protector das desvalidas que debía ser avalado por
testemuñas.

Triste condición a da muller, nunha sociedade que, nembargante, brillou no


seu día con luz propia e aínda hoxe nos segue iluminando co resplandor fulgurante do
seu pensamento.

Asinado: Manuel Rodríguez Santos.

También podría gustarte