Está en la página 1de 1

NOTA DE PRENSA

Gabinete de Comunicacin PSdeG-PSOE da provincia de Lugo


www.psoeprovincialdelugo.com
www.facebook.com/psoeprovinciallugo
www.twitter.com/PsoeLugo
1

Os socialistas de Vilalba non descartan solicitar un Pleno extraordinario
en xullo se o alcalde contina sen informar da dbeda do FIV 2014

O grupo municipal do PSOE realizar esta peticin se o rexedor non convoca a Comisin
Informativa de Cultura, Participacin Cidad e Xuventude no que resta de mes, pois xa pasaron
dous meses dende que Eduardo Vidal pediu por escrito esta convocatoria para que se
explicasen oposicin os motivos que provocaron que dito festival tea un saldo negativo duns
100.000 euros

Considera que o Goberno local debe de informar non s no que atinxe ao balance estrito das
facturas, senn que tamn dos aspectos organizativos, pois ,no ltimo Pleno celebrado, o
Alcalde manifestou que o FIV non tera un custo maior de 35.000 euros

VILALBA, 26 DE XUO DE 2014.- Os socialistas de Vilalba denuncian que xa pasaron dous meses
dende que solicitaron a convocatoria urxente da Comisin Informativa de Cultura, Participacin Cidad,
Deportes e Xuventude para que o alcalde os informase do desenvolvemento organizativo do FIV 2014,
e que, a da de hoxe, o Sr. Criado anda non se dignase a facelo. por este motivo, polo que, de que
se a convocatoria non se produza antes de que remate o mes, dende o PSOE non descartan pedir en
xullo un Pleno extraordinario para tratar en exclusividade este asunto.

O 25 de abril, mediante escrito dirixido Alcalda, o voceiro municipal socialista -Eduardo Vidal
Baamonde- solicitara entidade local convocar, con carcter urxente esta Comisin, e que nela
comparecese o concelleiro de Infraestruturas, Urbanismo e Medio Ambiente -Jess Bermdez
Rodrguez- para que informase pormenorizadamente da organizacin do evento, as como da dbeda
que acumulou o concello co mesmo, e que ascende a 100.000 euros. Ante tal desastre organizativo,
os socialistas consideran que o retraso na convocatoria outro desprezo mis que fai o Sr. Criado aos
vecios e vecias, pois este tampouco deu explicacins en sesin plenaria do que consideramos un
pinchazo sen precedentes.

Por este motivo, reiteran que o Goberno vilalbs debe de informar oposicin, non s no que atinxe ao
balance estrito das facturas, senn tamn dos aspectos organizativos. Debera de convocarnos para
poer nosa disposicin toda a documentacin referente. E, unha vez consultada, o edil debera de
comparecer para dar todas as posibles explicacins que poidan xurdir. O desfase econmico
importante e a escasa asitencia de pblico tamn. Esiximos que nos aclaren estas cuestins punto por
punto, destaca Vidal Baamonde.

E que a postura do PSOE, dende sempre, ao respecto deste festival, que ten que tender a
autofinanciarse, e non que sexa unha rmora econmica cada vez maior para os vilalbeses.

Deixadez de funcins
A parte de polo escuro financiamento deste evento, a pesares de que, no ltimo Pleno celebrado, o
Alcalde manifestou que o FIV non tera un custo maior de 35.000 euros, o grupo municipal do PSOE
tamn esixe a convocatoria urxente de dita Comisin porque, no que vai de mandato, esta nunca foi
convocada, a pesar de que houbo e hai temas suficientemente importantes como para facelo. o caso
das deficiencias que presentan distintas instalacins pblicas como son o Auditorio, o pavilln Mato
Vizoso, o PAI (Punto de Atencin Infancia), ou mesmo a escola infantil, que segue funcionando sen o
preceptivo convenio coa Xunta de Galicia.

También podría gustarte