Está en la página 1de 16

CATECISMO DO LABREGO GALEGO Marcos Da Portela (1889)

Como que xa o coecedes porque o fun publicando pouco a pouco, non preciso decirvos que se trata dun librio que ten o cheiro, o sabor e o color da nosa terria. Todo o que nel se d est resumido no dibuxo da portada que ah vai tamn. O coitadio paisano galego marcha, camio do Calvario, levando sobre do lombo a pesada cruz das suas calamidades e disgracias. Atado polo pescozo cunha corda, da que turra un ministro, vai escoltado por un xeneral e un seor. Todos tres fan co infeliz Xan Paisano o oficio que fixeron os xudos co Noso Seor, e al vai o probe candose a cada dez pasos co peso do madeiro, i exposto a esganarse coas turradelas de corda que lle d o ministro pra que se espavile. Todalas disgracias que vos suceden, todalas inxusticias que fan con vosoutrosdalas agunas porque pasades verdelas no Catecismo, meus queridos compaeiros de monteira. Elo parece que est feito en broma, pro rndo, rndo, vaise mallando nos que de tan mal xeito nos poen, pois xusto que xa nonos deixan mis dereito que o do pataleo, o exercitemos ben i en debida forma. Como sei que os cartos andas polas nubes, pxenvos o Catecismo ao precio mis barato que puden. Pra os suscritores do TIO MARCOS non custa mis que un real, e dous pra os que nono son. E xusto que aos que me axudan polo ano adiante, se lles dean as cousas a menor precio. Por suposto que esto non vai mis que cos que pagan relixiosamente a sua suscricin, pois pra os que se empean en lrme de moca, teo eu unha moi grande detrs da porta pra quitarlles as malas maas de recibir o peridico, facerme traballar todo o ano coa pluma, que pior que traballar cunha aixada, e logo roubarme as cadelas e deixarme sin pan que levar boca, e facerme andar coa monteira vella e os calzs con dous buratos onde todos sabedes. E non vos digo mis, meus vellos: mercade o Catecismo do Labrego, que logo vos habedes de rir un pouco e darme as gracias, porque un librio que se fixo por vosoutros e pra vosoutros. ("O TIO MARCOS DA PORTELA" Parrafeos co pobo galego. -Ano once, Ourense, 26 de maio do 1889. Parrafeo 277. Pxina 7. -Vai ilustrado coa gravura da portada, ao seu tamao).

Decraracion da doutrina labrega P.- Sodes labrego? R.- S, pola mia disgracia. P.-Ese nome de labrego, de qun o recibiche? R.- Do sacho que me fai callos nas maus, da terra que rego co sudor da mia testa, das mouras fames que paso, do aire que bra nas mias faltriqueiras, da monteira que levo na chola, da coroza de palla que me libra da chuvia, das cirigolas de estopa que me cobren de medio corpo abaixo, e doutras cativeces entre as que vivo aguniando. P.- Qu quere decir labrego? R.- Home acabadio de traballos, caste de besta de carga na que tanguen a rabear os que gobernan, ser a quen fan pagar cdula como as persoas pra tratalo como aos cs, que leva faltriqueira no traxe por fantesa, boca na cara por bulra, que anda de arrastro como as cobras, que fura na terra como as toupeiras, que traballa moito e come pouco, que somellanza dos burros de arrieiro que levan o vio e beben a auga, precuran o trigo pra comer o millo, que anda langraneando por unha peseta sin poder nunca xuntala, e que ven ser considerado polos seus somenllantes como un ningun que a todo chamar chmanlle Xan Paisano. P.- Qu entendes por home de labranza?

R.- Unha caste de boi posto de p, unha mquina de sacar cartios da terra. P.- Cl a sinal do labrego? R.- A probeza. P.- Por qu? R.- Porque nela vivimos e morremos. R.- De cntas maneiras usa o labrego deste sinal? R.- De duas. P.- Cles son? R.- Anar ao traspaso e andar mioca. P.- Qu cousa anar ao traspaso? R.- Unha cousa moi condanada que fai debecer as carnes, abrir a boca, ronronar as tripas e inflar o estmago de aire. P.- Qu cousa andar mioca? R.- Deitarse con apetencia i erguerse con fame; sentir antoxos de comer pan e de beber vio, e non facer mis que comer o xenio e beber os ventos. P.- Mostrade cmo. R.- Meto por equivoco as maus nas faltriqueiras e somente alcontro aire...; collo o saco do grau pra ir, ao muo e non collo mis que lenzo; vou casa dos que tenen a pedir un peso emprestado e si non me dan coa porta nos fucios, despchanme con palabras de moito peso, pro non co peso que eu cobizo; vai o recaudador pra que lle pague os trabucos e non hacho mis que disculpas que lle dar. P.- Por qu metedes as maus nas faltriqueiras? R.- Por non perder o costume que herdamos dos nosos pais que viviron mis acomodados. P.- Por qu as levades boca? R.- Enganndonos, coidando que son pan pra ver si deste xeito enganamos estmago. P.- Por qu as levades ao sacho? R.- Porque en todo tempo e lugar os nosos gobernantes nos piden as pagas dos trabucos e os seoros as rendas. P.- Cles son os vosos nemigos? R.- Cntanse por centos. P.- Qu nemigos son eses? R.- A maiores do mundo, do demo e da carne como teen todalas xentes, temos un fato deles: nove ministros en Madrid, o Delegado da Facenda na provincia, o Adeministrador sa Subalterna no partido, o Alcalde, os concellais e o Segredario no Concello, o cacique da parroquia, o vecio de porta con porta, a miseria na casa, os pedriscos nos eidos, a fillosera nos viedos, o recaudador metido na cabeza, os trabucos e a contribucin territorial na cana dos sos, a de consumos entalada nas

gorxas, a creencia de que nos hemos millorar de sorte no esprito, as falcatras da curia enterradas hastra o redao,etc., etc., etc. P.- E o traballo ten virtude contra eles? R.- Non padre, nin sta. P.- E por qu non? R.- Porque non hai cartos que lle cheguen nin o traballo rende pra contentalos

Division da doutrina labrega P.- Xa vimos cmo sodes labrego, cmo estades acabadios polo nome e pola fame de labrego, mais decdeme agora Cntas cousas est obrigado a saber i entender o labrego cando chega a ter uso de razn? R.- Catro cousas. P.- Cles son? R.- Saber o que se deixa de comer, saber o que ten que traballar, esquecerse do que ten que pagar e non coldarse do que ten que recibir. P.- Cmo saber o que deixa de comer? R.- Facendo recordo das larotas que se pasan ha sua chouza; establecendo comparanzas entre os magnates de bandullo a xeito de bombo, mofletes inflados, rexos e ben mantidos que se pasean, i entre os labregos que andan polas carrilleiras e congostras como almas en pena, esvados, fracos, esfameados, pensando no pan que non lles ven s maus e nos cartios que fuxen deles como da queima; botndolle olladas degorantes aos aparadores dos almacns onde se vende xamn, salchichns, plos asados, perdices, dulces, conservas, queixos e outros manxares apetecentes; pensando nas veces que polo da adiante se lle abre a n a boca e se lle vai o estmago xa canso de non dixerir mis que patacas cando as hai pra comelas en cachelos, e sin sal moitas veces pra seren galegos enxebres sin gracia, pois malditos si gracia teen nin xiquera lla fan ao estmago. P.- Cmo saber o que ten que traballar? R.- Vendo que non hai un chavo nin unha cunca de faria na chouza, que o recaudador non dorme, que hai que manter muller e aos fillos, que os que gobernan non fan mis que pedir trabucos, que os que mandan queren ter sempre o comedeiro acugulado, que o presuposto de gastos un pozo sin fondo, e que o presuposto de ingresos non pasa de ser unha cesta que os estadistas se degoran por encher de auga, que sin cartos non se pode dar un paso neste mundo, nin hai xusticia, nin dereito, nin xiquera n xente, que desque lle chaman a n volo no bautismo hastra niquitate no enterro, pasando pola confirmacin en que nos dan unha lufiada na cara, hastra o matrimonio en que nos xunguen a unha muller pra facer unha xunta de boi e vaca que ha turrar polo carro da familia, temos que soltar os cartios dunha maneira ou doutra, pois si non por fs por nefas. P.- Cmo poder esquecerse do que ten que pagar? R.- Pondose bbedo, volvndose louco, metndose cen brazas debaixo de terra ou morrendo. P.- Cmo non se coidar do que ten que recibir? R.- Facndose de conta que ten os sos de goma pra que non lle doan por moito que mallen neles, non pasndoselle nin polas mentes que ha recibir cousa que sea de proveito nin que valla dieiro, porque os labregos, de recibiren, fora do ben que lles vea recibindo a Deus, non reciben mis que xiringazos.

Primeira parte na que se decrara o credo e os articulos

P.- Escomenzando polo primeiro: qun dixo o credo? R.- Os Apstoles. P.- Pra qu? R.- Pra que andemos con el na boca. P.- E vs pra qu o decides? R.- Pra que Deus nos tea da sua mau, que boa falta nos fai. P.- Qu cousa f? R.- Creer o que non vimos. P.- Vsteis as moedas de cinco pesos? R.- Non, padre. P.- E os billetes de Banco de cen pesetas? R.- Non, padre. P.- E creedes neles? R.- O que creer, creemos. P.- Por qu o creedes? R.- Porque ouvimos falar deles aos ricos; porque sabemos que os nosos cartios vanse xuntando nas faltriqueiras dos zumezugas de todalas castes, pra se convertir en moedas e bIlletes; porque nos deprocatamos de que conta deles, trunfan e campan os que se alcontran no poleiro. P.- Qu cousas son as que creedes como labregos? R.- Os artculos, principalmente como se conteen no credo. P.- Pra qu son os artculos? R.- Pra dar noticia dos deuses da nosa aldea. P.- Qun son eses deuses? R.- O Alcalde noso seor, o Segredario noso amo, e o Cacique noso dono. P.- Qun o Alcalde noso seor? R.- a cousa mis condanada que se pode decir nin pensar: un seor infinitamente malo, burro, larpeiro inxusto, principio de todalas nosas disgracias e fin de todalas facendas. P.- A condanadsima trinidade quen ? R.- o mesmo Alcalde, o mesmo Segredario e o mesmo Cacique, tres persoas distintas e unha soia calamidade veradeira.

P.- O Alcalde deus? R.- E s senor. P.- O Segredario deus? R.- Ogall nono fora. P.- O Cacique deus? R - As adoecera como o . P.- O Alcalde o Segredario? R.- Non seor. P.- O Segredario o Alcalde? R.- s veces. P.- O Cacique Alcalde ou Segredario? R.- Si nono , como si o fora. P.- Por qu? R.- Porque si as persoas son distintas, vlvense unha soia cando se trata de mallar en ns, de zugarnos o sangue, ou de espremernos a faltriqueira. P.- E logo cntas naturezas, entendementos e vontades hai neses deuses? R.- Naturezas duas, unha de lobo e outra de porco; entendementos, ningn; vontades, a do Gobernador, a do Diputado, a do Xuez e as suas malas vontades. P.- Cmo deus o Alcalde? R.- Mintindo unha influencia que non ten, agarapiando votos nas urnias, sacndolle a monteira e facndolle retesas aos que mandan, asoballando aos que ten baixo de s, recollendo os xamns das nosas chouzas e partndoos cos magnates da vila, sacando cartos aos quintos cando se tercia pra seren os primeiros en riqueza e os ltimos no reparto de consumos, armndolle a gaiola aos que non son da sua corda, repartindo os destinos do Concello entre a xente da familia, lobos da camada e os que se deixen ver por adiantado, estrapexando na poltica como os esgarabellos na bola, e facendo en fin cantas falcatras se lle veen s mentes pra conservar o mandio. P.- Cmo criador? R.- Porque saca aos diputados e aos rexidores da nada. P.- Pra qu criou Deus ao labrego? R.- Pra servir ao Alcalde e morrer de fame nesta vida e si cadra vivir ardendo na outra. P.- Ten o Alcalde figura corporal como nosoutros? R.- Eso d, anque pra nosoutros e como si vramos ao demo. P.- Qun o Segredario?

R.- unha feitura do seor Alcalde, tan b como el, e que se fixo Segredario pra nos reventar e darnos mal exemplo. P.- Cntas naturezas, vontades i entendemento hai no Segredario? R.- Naturezas, unha soia e abonda; vontades, a sa e a de todolos que ten por enriba, i entendementos, si algn ten, mis valera que nono tivese. P.- E cntas persoas e memorias? R.- Unha soia persoa con moitas caras, e memoria a bastante pra acordarse do que lle ten conta. P.- Qu quere decir Segredario? R.- Acabador. P.- De qu? R.- Da nosa paciencla e dos nosos cartos. P.- Cmo foi concebido o Segredario? R.- Obrando o Alcalde e o Cacique contra natura e milagreiramente. P.- Por qu decides contra natura e milagreiramente. R.- Porque o Segredario non foi concebido nin naceu como os demis homes. P.- Pois cmo se obrou o misterio da concepcin do Segredario? R.- Na mala idea do seor Alcalde meteu o Cacique o pensamento de que pra acabar co pas era preciso un home de sangue mouro, malas entranas e peores feitos; por un sopro do demo sau un corpo como o desexaban, unronlIe un alma atravesada, firmaron o nombramento, e o que denantes era somentes home quedou feito Segredario. P.- E cmo naceu milagreiramente? R.- Sando da cabeza do Alcalde sin detrimento da sua brutalidade, maneira que sai un preso da Carce-Modelo sin romper reixas nin portas. P.- Por qu quixo ser Segredario? R.- Pra facer a vida do labrego un inferno. P.- Qu entendedes por inferno? R.- A aldea na que viven os labregos. P.- Pois cntos infernos hai? R.- O inferno dos que pagan trabucos e rendas, e non teen pan que levar boca; o purgatorio dos que van ao servicio do rei, vendo quedar os fillos dos ricos na sua casa; o limbo dos nenos onde se alcontran os que fan o aprendizaxe de labregos, descalzos de p e perna, esfarrapados, acoradios de fame, arrecadando o gando na chouza, e a lea no monte e sin ver xiquera unha letra da cartilla dos Cristos; e o limbo dos xustos, onde viven os alpabardas que creen nas predicacins dos polticos, nas palabras dos diputados, na proteccin do Goberno, en que han de sar campantes dos seus atolladeiros sin untar o carro, i en que lles han facer xusticia tendo somentes razn: xente a mis feliz de todas porque cree que abonda traballar pra comer.

P.- Qu cousa estar sentado dereita do seor Alcalde? R.- Ter cuasementes o seu anaquio de mando, poder turrar da corda pra os amigos, facer toda caste de falcatras aos contrarios, remexer nas trcolas do Concello, e sacarlle sustancia a todolos negocios que lle pasan pola mau. P.- Qu creedes cando decides que hai Concello? R.- Que hai ali unha ducia de lampantns dos que non se pode agardar nada b: xente que cando se xunta non pensa mis que en esprememos o zume, en sacamos os cartos dos consumos e os fillos pra a guerra; en facemos traballar por prestacin nos camios que van dereitos s suas casas; en quitarnos o voto de darnos a cdula persoal; espritos malinos que lle fan mal de ollo s pitas do noso corral e aos porcos do noso cortello; que cando se axuntan o mesmo que si se escornaran duas nubes de pedrisco sobre os nosos eidos, e cando se separan e pasan por diante de ns hai que facerlles a cruz como ao demo e sacarlles a monteira como aos fidalgos. P.- Ademis do que levades dito, creedes outras cousas? R.- S padre, porque todo o que se d desa xentia pouco. P.- Qu cousas son esas? R.- Eso non mo preguntedes a min que non poderei contestalo por mor da curia que, como o zorro coas galias, ndanos gaando as voltas pra poemos sombra. M.- Facedes ben en calarvos, porque en boca pecha non entran moscas, e ao bo calar chmanlle labrego.

Segunda parte na que se decrara o que se ha de pedir

Xa vimos como sabedes o que se ha de creer: veamos ao segundo que o que se ha de pedir. Das oracins que rezades, cl a que mis vos gusta? R.- O Padre noso. P.- Por qu? R.- Porque ten sete peticins, que son poucas pra nosoutros, pois temos moito que pedir. P.- Cles son? R.- A primeira : Santificado sea o teu nome. P.- Qu pedides nesa peticin? R.- Que lauden a Deus, o mesmo que nosoutros, aqueles que soio se acordan de El cando fan a carantoa, e pasan a vida facndonos falcatras. P.- Cl a segunda? R.- Vea a ns o teu reino. P.- Qun pide eso? R.- Aqueles que se dormen nas palIas mentras nosoutros adoecemos a traballar; os que fan poltlca

nas aldeas pra encher o bandullo; os que maxinan que todalas cousas do mundo se fixeron pra eles e arrapaan co seu e co dos vecios; os que pra vivir agardan que lles caian no papo pans cocidos do ceo; e que os que sin traballar nin teren rendas viven fidalgamente. P.- E vosoutros pedides o mesmo? R.- Nosoutros pedimos o reino de Deus porque o deste mundo anda en maus de catro galafates. P.- Cl a terceira? R.- Fgase a tua as na terra como no ceo. P.- Qu pedides ah? R.- Pedimos que Deus vea a gobernar este cotarro que anda levado do demo. P.- Cl a cuarta? R.- O pan noso de cada da dnolo hoxe. P.- Que pedides nesa peticin? R.- E vostede nono v santio! Pedimos pan pra levar boca, xa que pra nosoutros ou anda palas nubes, ou est pechado con cerrollo nas tullas dos vinculeiros. Pedimos algo que comer xa que traballamos como negros. Pedimos pan pra manter os fillos que nolo piden en coiro e coas mancias dereitas. E non moito pedir pan, xa que o compango pra os que poden. P.- Cl a quinta? R.- Perdanos as nosas deudas as como nosoutros perdoamos aos nosos deudores. P.- Que pedldes ah? R.- O que nonos han dar nunca: pois inda .ben non lle debemos un peso a calquera xa temos ao ministro porta coa demanda. Os nosos deudores ben perdoados estn porque ningun nos debe nin un chavo. P.- Cl a sexta? R.- Nonos deixes car na tentacin. P.- E con eso qu pedides? R.- Que Deus nos tea da sua mau e que nos coute ben, porque tanto mallan en ns, e tales cousas nos fan, e tan amoladios andamos, que si nos deixamos levar polo xenio e camos nunha mala tentacin, o da que menos se, pense non quedan nin os ratos na Alcalda. P.- Cl a sptima? R.- Mais lbranos de mal. P.- E neso qu pedides? R.- Que nos quite Deus de entre as uas desta xentia que non fai nada que pra ben sea. P.- Qu quere decir a palabra Amn? R.- E unha cousa que os que mandan nos fan decir a todo. P.- Cando decides Ave-Mara! con qun falades?

R.- Co repartidor de consumos cando nos d a cota que se nos impuxo; co vecio que nos ven pedir unha peseta emprestada pra sar dun apuro; co Alcalde que nos aconselle que votemos ao candidato do Goberno prometndonos montes e moreas; co mdico que nos pide mis de dous ferrados de centeo pola avinza; co escribn cando nos notifica a tasa das costas do ltimo pleito, e co senor Abade que nos d que debemos anar na Cuaresma, esquecndose de que anamos a traspaso o ano enteiro. P.- Pra qu son os nxeles? R.- Pra gardarnos. P.- Logo os labregos tedes nxeles que vos garden? R.- S padre, pero s veces parece que se dormen a xuzgar polo desamparo en que nos deixan.

Terceira parte na que se decrara o que se ha de obrar

Xa vimos o que habedes de creer e pedir; vexamos agora como sabedes o que habedes de obrar; decide: Cl o primeiro mandamento? R.- Amar a Deus sobre todalas cousas. P.- A qu nos obriga este mandamento? R.- A adorado e creer nel e non desconfiar por moitos males que nos sucedan, pois xa sabemos que neste mundo ten que haber de todo, b e malo; de maneira que si hai raposos que nos leven as galias, tamn hai bois que nos axudan a labrar os eidos; si temos lobos que nos coman as ovellas hai tamen cans que nos garden a facenda; si criamos porcos no cortello, non faltan aduanantes que conten por adiantado cos seus perniles; si ternos fillos que nos axuden, non faltan reis que os leven pra o seu servicio; si dispomos de vio pra quentar o estmago, tamn hai filoxera que estraga as vias. Por eso debemos folgarnos do b, levar con paciencia o malo, e Deus sobre todo. P.- Cl o segundo? R.- Non xurar en vano. P.- Qun peca contra sto? R.- Os que relaxados polas que lles fan xuran e perxuran tomar a xusticia pola mau, queimando palleiros, decotando cepas, arrasando labrados, botando herba dos ratos nos currais dos vecios, armndose de moca pra lle meter con ela as razns na cachola ao contrario e facendo outras cativeces deste xeito; os que por unha poia de pan e tres netos de vio sirven de testigos falsos nos pleitos e nas causas criminais; os que botan sapos e cobras pola boca a calquera contratempor que tean; os que xuras acabar cos bens do vecio, levados pola xenreira; e os que por botarse de valentes non dn tres palabras arreo sin misturar entre elas unha porcallada. P.- Cmo se xura en falso. R.- De calquera maneira, porque non hai cousa mis fcil no pas. Todalas aldeas contan con picapleitos estrapexantes que poen escola de testigos falsos, namentras as outras estn pechadas. Por unha picallada.e sin escrpulos de conciencia botan a presidio a calquer home de ben; por un par de pesetas non falta quen coa mau en cruz xure, que vu polos seus ollos, e as Deus o salve, voar os burrosn vestidos de gardas civs os mosquitos, tirar dun carro dous porcos e cantar misa unha ovella, ou facer un Alcalde boas obras.

P.- Cl o terceiro? R.- Santificar as festas. P.- Qun peca contra sto. R.- Todolos labregos, porque anda que oiamos a misa non podemos gardar a festa, pola mor de tornar a auga dos lameIros, de arrecadar o gando, de dar de comer aos porcos, de levar o grau ao muo, e outras angueiras que non teen agarda. P.- Cl o coarto? R.- Honrar pai e nai. P.- E qu entendedes por eso? R.- Darlle aos nosos pais a millor vida que podamos, namentras non chegamos a herdalos. P.- Qu mis obrigacins hai neste mandamento? R.- As dos superiores cos inferiores e as dos pais cos fillos. P.- Cmo as cumprides? R.- Mandando os fillos escola pra que non estorben na casa cando non temos que lles dar que facer; sacndolle a monteira aos seores cando os atopamos nos camios e facndolle a flga por detrs; entrando coa orella gacha na casa dos que mandan pra sar dela botando raios e centellas. P.- Cl o quinto? R.- Non matar. R.- Qun peca contra el? R.- Nosoutros non seor, pois, por non matar, mn xiquera matamos a fame. P.- Cl o sexto? R.- Non fornicar. P.- Qun peca contra este mandamento? R.- Vellos e mozos todos puxemos nel as nosas maus. Pecan as mozas churrusqueiras que lle chiscan os ollos aos mozos nas romeras; os rapaces que andan de noite ao sarau rondndolle a porta s nenas; as parexas que se perden entre os centeos botando de perda o fruto; os que ventando unha muller escarramelan os ollos i ensinan os dentes como os burros; os que lle van facer cxegas s muieiras e as fan bulir mis que o rodicio, sando dempois todos enfariados; os que apagan o candil nos fiadeiros pra andar s apalpadelas; os que vndose entre mulleres non poden ter as maus quedas; os que bailan o agarradio nos turreiros pra se agarraren sin bailar nas carballeiras; os que dando palabra de casamento non fan mis que as obras; os que ao volver das festas acompaados non chegan hastra media norte casa; e pra decilo dunha vez, todolos que gastan calzns e monteira ou dengue e muradana. P.- Cl o stimo? R.- Non furtar. P.- Qun peca contra este mandamento?

R.- Os que non contentndose co que Deus lles dou procuran apaar o alleo; os que andan coas maus no poze do presuposto; os da curia que fan letras como garabanzos porque cobran por pregos os seus dereitos; os xastres que nos piden unha vara de pano pra facer unha monteira; os que se gobernan desgobernando; os mdicos que con unturas de ouro inutilzannos os fillos pra o servicio do rei; os tendeiros que pesan coa romana do demo, e miden cunha vara polo xeito da xusticia; os empregados que non teen tempo pra despachar os nosos asuntos porque todo lles e pouco pra fumar cigarros e falar mal do Goberno; os que nos expremen o zume finxindo que nos protexen; os que nonos fan ningn servicio, non andando dieiro por diante; os usureiros que encabalan os rditos; e outros moitos que fora largo contar, porque o mundo est cheo de gatos que andan sempre caza dos probes ratios de aldea. P.- Cl o octavo? R.- Non levantar falso testemuo nin mentir. P.- Qun peca contra este mandamento? R.- Os diputados que dn no Congreso que o pas adianta e que o Goberno traballa por millorar a moura sorte dos labregos; os partidos polticos que aseguran que contan coas simpatas do pas; os que casndose con muller rica, fea e vella, sosteen que se casaron namorados; os que a todalas mozas lles dan palabra de casamento; a muller que aos vinte anos d, en certos casos, que na sua vida outra lle pasou; o Abogado que lle d a unha litigante que non lle cabe dereito e logo resulta o contrario; o Mdico que consultando ama dun crego dlle que non ten cura; o sancristn que pide pra as nimas; e todos nosoutros que s veces esquecemos a verdade. P.- Cl o noveno? R.- Non cobizar a muller do vecio. P.- E pecades contra este mandamento? R.- Segn sea ela, seor. P.- Cl o dcimo? R.- Non cobizar os bens alleos. P.- Qun peca contra eso? R.- Todolos labregos, porque non hai un que non poa os ollos nas leiras do vecio. Os mandamentos da igrexa labrega son cinco : O primeiro or como nos aldraxan os que mandan, como quen oie chover. O segundo mudar de camisa unha vez ao ano, ou denantes si teen que enterralo a n. O terceiro comulgar con rodas de muo. O coarto anar por boas ou por malas. O quinto pagar por todo e pra todo, e pagalas todas. P.- O primeiro a qun obriga? R.- A todolos que teen algo que perder, pois si non repoemos sinos pior a conta. P.- E o segundo?

R.- Obrganos a todos, anque s veces se nos esqueza o cumprilo. P.- Vindo ao terceiro, cmo se comulga con rodas de muo? R.- Vendo como nos quitan a razn en todalas cousas, e tendo que nos conformar co que vea; deixndonos engrolar por todolos baduantes, por non saber que opoerlles; pagar o sesenta por cento a un usureiro e orlle decir que anda nos axuda; indo a votar s urnias sabendo que como si non framos; e pra acabar dunha vez, deixndonos levar polo ltimo que chega. P.- A qun obriga o coarto mandamento? R.- A todolos labregos dendes de que nacen hastra que morren. P.- Por qu? R.- Porque cando non hai que levar a boca forzoso o ano; que anque dicen que hai no mundo pan dabondo pra todos, a verdade que poucas veces chega nosa boca, i eso de millo, ressego e ben tasado. P.- Cmo anan os labregos antes de ter uso de razn? R.- O mesmo que despois: a traspaso. P.- A qun obriga o quinto mandamento? R.- Non hai quen se escape del. P.- Con qu pagades por todo? R.- Cos nosos cartios e co noso lombo. P.- E con qu as pagades todas? R.- Co noso lombo e cos nosos cartios. P.- E qu pagades? R.- Os trabucos e as falcatruadas que fan outros. P.- Qu son trabucos? R.- As contribucins, padre; vostede seica non da terra. P.- E por qu lles chamades trabucos? R.- Porque unha cousa que hai que pagar aunque n non queira e anque non tea con qu, pois doutro xeito embrgannos o pouco que temos; de maneira que nos fan ciscar as cadelas o mesmo que si nos puxesen un trabuco ao peito. As obras de misericordia son catorce: as sete espirituais e as sete corporais. As espirituais son stas: A primeira ensinar ao que non sabe librarse das gaiolas que a miundo nos arman. A segunda dar bs consellos aos que estn pra car.

A terceira correxir aos que non ven por onde camian. A coarta perdoar as inxurias hastra que n poida facer o seu xenio. A quinta consolar s mulleres do que emigran pra as Amricas. A sexta sofrir con paciencia, namentras non haxa outro remedio, as fraquezas e malas ideas dos que mandan. A sptima rogar a Deus polos nosos alcaldes difuntos. As corporais son stas: A primeira visitar as bodegas dos vecios. A segunda ensinarlle o camio da taberna aos que teen fame, e deixarse ir si convidan. A terceira ensinarlle o camlo da fonte aos que teen sede. A coarta redimirnos cando chegue o caso. A quinta mandar ao xastre aos que non teen cirigolas. A sexta dar pousada ao pelegrino si ten con qu pagar. A sptima levantar mortos.

Coarta parte na que se decraran os sacramentos que se han de recibir

Xa vimos cmo sabedes o que habedes de creer, pedir e obrar; vexamos cmo sabedes o que habemos de recibir, que o derradeiro: decide os sacramentos: Os sacramentos da igrexa labrega son sete O primeiro, Bautismo. O segundo, Confirmacin. O terceiro, Penitencia. O coarto, Comunin. O quinto, Extrema-Uncin. O sexto, Orden. O sptimo, Matrimonio. P.- Pr qu o bautismo? R.- Pra nos facer cristianos anque logo nos traten como mouros, e pra que teamos un nome co que se nos coeza nos recibos da contribucin, nas listas do sorteo de quintas, nas citacins a xuicio e noutros documentios por este xeito. P.- Pra qu a Confirmacin?

R.- Pra que non botemos de perda o noso nome e pra que, coa lufiada que nos dan na cara ao confirmarnos, nos vaiamos afacendo as que mis adiante nos han de dar no lombo. P.- Pra qu a Penitencia? R.- Pra purgar os pecados alleos, que os nosos ben purgados os temos coa vida arrastradia que levamos. P.- Pra qu a Comunin? R.- Pra que mantea as nosas almas xa que os corpos andan famentos como Deus e nosoutros sabemos. P.- Qu se precisa pra comulgar? R.- Pra os que non son labregos estar en anas dendesde as doce da derradeira noite; nosoutros como sempre temos o estmago valeiro, e podemos comulgar a calquera hora. P.- Pra qu a Extrema-Uncin? R.- Pra tres cousas. P.- Cles son? R.- A primeira pra quitar os rastros e reliquias da mala vida que nos fixeron pasar; a segunda pra dar esforzo alma contra as malas tentacins; a terceira pra dar sade ao corpo si lle convn. P.- Qu sentides cando recibides a Extrema-Uncin? R.- Unha grande alegra porque coecemos que logo nos vamos quitar do lomo a pesada carga da vida; algo as como sinte o que pousa un feixe de lea despois de traelo desde o monte hastra a casa, ou como o que pasados doce anos de presidio se atopa libre. Ao poerlle a n a ExtremaUncin acrdase de que se acabaron pra sempre os das enteiros de turrar polo sacho, de pasar fames negras, de andar pouco menos que en coiros, de pagar a territorial Facenda, os consumos ao Axuntamento, as rendas aos seoros, as costas aos Xuzgados, os fillos ao Rei, os dereitos ao Abade, as consultas ao abogado, as visitas ao mdico, as recetas ao boticario, sin contar co panadeiro, co taberneiro, co xastre, co zapateiro, e con outros moitos, porque os labregos parece que non viemos ao mundo mis que pra pagar sempre, e inda que nos chamemos cristianos non deixamos de ser os paganos eternos. Pola Extrema-Uncin sabe n que se vai ver libre do Alcalde, do Segredario, do Cacique, dos aduanantes de todalas crs; sabe que se acabaron o madrugns e os traballios todos; e, ao recibila v o labrego que logo chega o da en que despois de tantos anos de forzar na terra pra facela producir, vaille servir de cama .onde poida descansar pra sempre, dempois de decirlle ao mundo: "ah queda eso!. P.- Pra qu a Orden? R.- Pra que algns fillos de labregos cheguen a ser xente . P.- Pra qu o Matrimonio? R.- Pra nada b, seor. O matrimonio unha cousa que facemos, como se fan outras tantas burradas. Ven ser algo semellante con xunguirse a un carro, e turrar del hastra morrer. Cando n non ten pan que meter na boca ocrreselle levar pra a casa unha muller que lle axude a pasar fame, que como decir: "Ti que non podes lvame s costas". Despois veen os flllos, que non faltan nunca nos matrimonios labregos, i entn, s que ela. Hai que mantelos, hai que vestllos, hai que mandalos escola si cadra, hai que atendelos nas suas enfermedades, hai, en fin, que facelos homes. E cando xa empezan a servir pra algo e axudarnos nas angueiras da casa, lvanos pra o servicio, e mentras eles van a facerse matar guerra, e si volven cun brazo ou unha perna de menos, nosoutros quedamos vellos e acabadios sin podernos valer, i expostos a morrer esquecidos como cans.

P.- Ten que estar en gracia de Deus os que se casan? R.- Eso dn, pro eu coido que o que hai que estar deixados da sua mau. P.- Cles son os pecados capitais? R.- Soberba, avaricia, luxuria, ira, gula, envexa e preguiza. P.- Qu soberba? R.- un verme que se lles mete na cabeza aos que agarran un anaquio de mando. P.- Qu avaricia? R.- Unha cuchumillada que, nos d molto que rascar e que roe, roe, vamos despelexando pouco a pouco. P.- Qu e a luxuria? R.- Unha mala fada que nos leva ao matrimonio, como os bois ao matadeiro. P.- Qu ira? R.- Unha cousa que si nos deixramos levar dela... P.- Qu gula? R.- Eso non llo pregunte aos labregos: as xentes acomodadas poderanllo responder. P.- Qu envexa? R.- Un aguilln que se nos crava na alma cando vemos os bens e a facenda dos vecios. P.- Qu preguiza? R.- Un luxo que non podemos permitirnos os que traballamos. Os nemigos da alma, dos que temos que fuxir, son tres : O primeiro, o mundo. O segundo, o demo. O terceiro a carne. P.- Qun o mundo? R.- Todolos malos homes que comen, viven, trunfan e campan a conta do noso traballo. P.- Qun o demo? R.- Un coitadio que noutros tempos foi espantallo das xentes, e que agora veu tan a menos que nin xiquera caso lle fan os rapaces da escola. P.- Qu a carne? R.- Unha cousa que dn que se come, e que sabe ben, e que mantn moito, da que temos ouvido falar a miudo, pro que nonos nos pasa polas gorxas inda que nos pase polas mestes.

As benaventuranzas son oito: 1. Benaventurados os probes, porque sern tratados como bestas de arrieiro. 2. Benaventurados os mansos, porque todo o mundo mallar neles. 3. Benaventurados os que choran, porque mamarn. 4. Benaventurados os que teen fame e sede da xusticia, porque os fartarn de presidio. 5. Benaventurados os misericordiosos, porque os amolaran canto poidan. 6. Benaventurados os limpos de corazn, porque tamn estarn limpos de faltriqueira. 7. Benaventurados dos pacficos, que todos lles farn a guerra. 8. Benaventurados os que padecen persecucin, porque ademis de ir cadea pagarn as costas. P.- Qu dixemos agora? R.- Oito verdades como oito pans centeo. P.-Qun son os probes? R.- Os coitados labregos que non saben o qu un da de fartura. P.-Qun son os mansos? R.- Somos tamn nosoutros, porque nos amansan a fungueirazos. P.- Qun son os que choran? R.- Os que saben pedir a tempo e baixarse a todo o mundo pra lograr o que cobizan. P.- Onde mamarn? R.- No ubre do presuposto. P.- Qun son os que teen fame e sede de xusticia? R.- Os que non teen padrio. P.- Qun son os misericordiosos? R.- Catro pipiolos, que non saben con quen aran. P.- Qun son os limpos de corazn? R.- Os que nunca foron nada, nin tiveron xeito de emporcar as maus. P.- Qun son os pacficos? R.- Os bois e nosoutros. P.- Qun son os que padecen persecucin pola xusticia? R.- Os que lle fan a contra aos que mandan.

También podría gustarte