Está en la página 1de 2

Nota de prensa

O PSdeG de Vilalba pedir que Agustn Baamonde aclare no pleno se respalda os intereses privados dos concelleiros
Partido dos Socialistas de Galicia

LUGO

Os socialistas solicitaranlle no mesmo pleno ao alcalde, Gerardo Criado, o cese inmediato de Garca-Leira y Boado e de Vzquez Otero tras aprobar facturas e actuacins pblicas para empresas privadas nas que participan O PSdeG de Vilalba pedir explicacins no vindeiro pleno municipal ao concelleiro de Economa e Facenda e tamn presidente e por tanto mximo responsable do PP en Vilalba, Agustn Baamonde, sobre o comportamento e os intereses privados dos concelleiros Jos M Garca- Leira y Boado e Julio Vzquez Otero. Os socialistas esixiranlle ao alcalde Gerardo Criado, como xa anunciaron publicamente, o cese inmediato dos eds despois de facer pblico que incumpren a lexislacin sobre incompatibilidade tras aprobar facturas e actuacins pblicas para empresas privadas nas que participan. Desde o grupo socialista solicitan que ambos aclaren se respaldan estas prcticas. En vista de que nin os concelleiros dimiten polos asuntos que temos denunciado, e que tampouco o Alcalde d sociedade vilalbesa as oportunas explicacins, evidenciando unha clara posicin de dominio e de excesivos privilexios que non son illados, e que demostran outra vez mis o mal uso que fai do poder democrtico o Goberno do PP, os socialistas trasladaremos ao Pleno os feitos acontecidos en relacin ao que consideramos como un continuado abuso de poder, afirma o voceiro socialista, Eduardo Vidal, que denuncia que este asunto claramente traspasa o poder executivo do Goberno vilalbs. Gerardo Criado como alcalde e Agustn Baamonde como presidente do PP vilalbs teen que dicir claramente se estn a favor ou en contra destes comportamentos e tomar decisins, apunta Vidal. Nin Gerardo Criado toma decisins ao respecto das denuncias feitas pblicamente por este grupo, co que claramente est avalando o seu comportamento, nin Agustn Baamonde, que se oculta tras o escano do Parlamento, d explicacins a tales comportamentos, incide o socialista, que engade que a sociedade vilalbesa ten que escoitar por boca dos dirixentes do PP se os integrantes do goberno municipal estn mis por resolver os asuntos privados e persoais ou os colectivos. Manifestacins falsas O voceiro socialista destaca asimesmo que as manifestacins recollidas o pasado 21 de xuo nun medio de comunicacin, nas que o alcalde asegurou que no anterior pleno se tian presentado informes avalados por tcnicos do Concello para explicar os pormenores destes casos, son rotundamente falsas. Criado mentiu, pois no Pleno non se presentou ningn informe ao respecto do comportamanto de ningn dos dous concelleiros implicados, afirma Vidal. Como xa sabido, no caso de Garca Leira y Boado os socialistas solicitan a sa renuncia por ter ocultado a sa relacin contractual coa empresa Jos Sanjurjo Construcciones SL desde o mes de maio de 2007, e ter aprobado en Xunta de Goberno Local tanto obras como pagamento de facturas a tal empresa. A isto smanlle a sa clara deixadez de funcins na xestin para reclamar s empresas construtoras polas deficiencias estruturais do auditorio
1

Nota de prensa

municipal Carmen Estvez, construdo por unha UTE da que formaba parte Jos Sanjurjo Construcciones, unha neglixencia que agora pode ter un custo duns 500.000 euros para as arcas pblicas, segundo recoece o propio Concello. No caso de Vzquez Otero, a peticin de dimisin vn despois de que non se tea inhibido hora de aprobar asuntos do seu interese particular e por facer un abuso de poder manifesto hora de aprobarse a si mesmo, nunha empresa na que participa, unha factura na Xunta de Goberno local por importe de 2.800 euros, en concepto de asistencia sanitaria no FIV.
Lugo, 4 de xullo de 2013

Partido dos Socialistas de Galicia

LUGO

También podría gustarte