Está en la página 1de 2

Comunicado da CGENDL sobre a situacin da lingua no ensino trala anulacin parcial do Decreto de Plurilingismo

Desde a Coordinadora Galega de ENDL (CGENDL) queremos comunicarlle a toda a comunidade escolar que, dado que a Consellera de Educacin se resiste a recoecer que o Decreto 79/2010 para o Plurilingismo atenta contra a propia Lei de Normalizacin Lingstica (LNL) nos artigos que se declararon nulos polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), faise necesario aclarar certos aspectos da sa aplicacin a partir deste momento Como CGENDL, gustaranos manifestar cal a nosa interpretacin do proceso xurdico que afectou ao Decreto de Plurilingismo; as mesmo, trataremos de matizar certos posicionamentos pblicos da Xunta de Galicia, pois entendemos que non contriben a reconducir a poltica lingstica cara a un necesario enfoque pedagxico. Por tanto, afirmamos: 1. Os usos da lingua galega no ensino non universitario polo momento seguen rexidos polo Decreto do Plurilingismo (D79/2010) que se aprobou apoiado en das ideas base: a. A presunta posibilidade de escolla por parte das familias- da lingua de ensino para as sas fillas e fillos. b. O hipottico dereito do alumnado a usar a lingua da sa preferencia, independentemente da lingua vehicular de cada materia. 2. Estes dous argumentos foron invalidados polo TSXG ao anular os dous artigos do devandito Decreto 79/2010 que aluden a estas cuestins: o 5.2, que se refire a que a lingua en educacin infantil se vai decidir a travs dunha enquisa efectuada s familias do alumnado; e o 12.3, que lle permita empregar ao alumnado o casteln cando a materia se imparta en galego (pois nos mbitos urbanos castelanfalantes onde se producen as protestas dunha nfima porcentaxe de discentes e familias por teren que aprender na lingua propia de Galicia que, supostamente, lles descoecida. 3. A Xunta de Galicia segue teimando en realizar a consulta s familias, mais segundo o ditado polo TSXG: (...) os poderes pblicos teen encomendada a programacin xeral do ensino, de cuxa potestade a Administracin, neste caso Educativa, non pode abdicar, sometendo a votacin un aspecto tan fundamental como a lingua a empregar na etapa de educacin infantil (...) Non cabe dbida de que a dita abdicacin da potestade de ordenacin xeral do ensino ten lugar cando se establece que o profesorado usar na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, reputando decisivo para determinala o resultado dunha pregunta que se lles efectuar aos pais, nais, titores/as ou representantes legais do alumnos antes do comezo do curso escolar acerca da lingua materna da sa filla ou fillo.

Polo tanto, a Xunta de Galicia non pode menosprezar a legalidade e pretender determinar a lingua do ensino en educacin infantil a travs de ningunha enquisa, tal e como se fixo en cursos anteriores, xa que non respecta o que formula o artigo 13.1 da Lei de Normalizacin Lingstica (LNL) nin o establecido no Plan Xeral de normalizacin da lingua galega (PXNLG). 4. Desde a administracin autonmica estselle a pedir ao profesorado flexibilidade para que se lle permita ao alumnado empregar a lingua da sa preferencia, dicir, o casteln. Mais non se pode esquecer que persiste unha situacin social de enorme desigualdade entre galego e casteln, a favor desta ltima, propiciada tanto por prexuzos histricos como por posicionamentos polticos e mediticos moi agresivos contra as linguas minorizadas. Estas circunstancias fan imprescindible que a escola funcione como un espazo de socializacin onde o alumnado poida adquirir competencia plena na lingua propia da sa comunidade. A sentenza do TSXG invalida o precepto 12.3 desde unha tripla perspectiva xurdica: a) segundo a LNL e a doutrina do Tribunal Constitucional, a lingua galega ser con carcter xeral o vehculo de comunicacin no ensino non universitario. b) segundo os Tribunais Supremo e Constitucional, a lingua no ensino non pode estar condicionada pola liberdade de opcin das persoas interesadas. c) rmpese o fomento do uso progresivo do galego no ensino que marca a LNL. Por conseguinte, dlles a razn s organizacins demandantes que argumentaban que o alumnado precisaba anda de consolidar as sas destrezas en lingua galega, nas diferentes materias. Aclarado todo isto, a CGENDL considera: a. que o goberno autonmico debe reconsiderar as estratexias de promocin da nosa lingua e debe asumir como deber inexcusable as potencialidades que pose o sistema educativo como axente efectivo tanto para a normalizacin do galego como para a integracin social e comunitaria. b. que se fai necesario aplicar os principios xerais da Lei de Normalizacin Lingstica, e que, sen renunciar ao obxectivo do plurilingismo, se garanta que o alumnado adquira unha competencia plena en lingua galega ao rematar o ensino obrigatorio. c. que a Xunta de Galicia, e os seus portavoces ante a sociedade, deixen de fomentar preconceptos en contra da promocin social do galego, pois deben actuar con enorme responsabilidade e altura poltica nun momento moi crtico para a transmisin interxeracional da nosa lingua. d. que as autoridades educativas fomenten sen complexos a presenza do idioma en calquera materia, nomeadamente nas cientficas e tecnolxicas e que lles permitan adoptar aos centros aquelas medidas normalizadoras que se adapten ao seu contexto e impliquen, na medida do posible, a toda a comunidade. Galicia, 18 de marzo de 2013 Coordinadora Galega de ENDL

También podría gustarte