Está en la página 1de 8

OllOs deaula

Revista para as familias do alumnado

ANO I - N 5 - Marzo 2013

Como reaccionar ante os suspensos dos nosos fillos/as? 5 claves para entender o plurilingismo Aprobar ou aprender

Queres poer un enderezo web nalgn lugar e longo de mis? Podes acurtalo empregando www.ir.gl

A Galipedia (a Wikipedia en galego) cumpre 10 anos. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora preto de 100000 artigos.

Ata o 21 de marzo est aberto o prazo para a solicitude de praza nas escolas infants da rede Galia Azul. Pdese ver toda a informacin en www.escolasinfantis.net

Visita www.botons.eu, unha magnfica web dirixida a toda a comunidade educativa e, dun xeito moi especial, a nais e pais.

Atencin! Este ano cambian os criterios de puntuacin para a admisin de novos alumnos/as nos centros de ensino. O prazo de solicitude parece que se vai retrasar primeira quincena de abril. Toda a informacin en http:// ir.gl/6f900e

Xa podes poer o Twitter en galego. Vai a axustes ou configuracins e selecciona a nosa lingua entre as 35 dispoibles.

Revista editada pola CGENDL www.coordinadoraendl.org ollosdeaula@gmail.com

A preguntaComo reaccionar ante os suspensos

A forma na que as nais e os pais reaccionamos ante as baixas cualificacins dos nosos fillos ten importancia. Debemos escoitalos e apoialos cando fracasan, especialmente cando sabemos que houbo esforzo pola sa parte, animmolos a seguir traballando. A investigacin demostrou a importancia que teen as atribucins que os estudantes realizan dos seus xitos e fracasos, xa que o alumnado que habitualmente acada bos resultados acadmicos adoita achacar o seu rendemento nos exames ao seu esforzo persoal, mentres que os peores estudantes consideran que o aprobar depende da boa sorte e o suspenso da sa escasa capacidade. Se un rapaz pensa que non ten capacidade para os estudos, non vai mostrar interese por estudar, posto que considerar que as horas que dedica ao estudo non van ter moita influencia sobre o seu rendemento nos exames. Por iso, os pais debemos escoitar as razns que os nosos fillos e fillas dan acerca dos seus suspensos. importante que o noso fillo considere que o fracaso se debeu falta de esforzo suficiente, xa que, desta forma, a prxima vez procurar traballar con mis afn. Se lle quita importancia ao feito de suspender ou afirma que o fracaso debido ao profesor, menos probable que aumente a sa dedicacin ao estudo. En calquera caso, ademais de escoitar aos nosos fillos, deberiamos falar co seu titor para obter informacin sobre o baixo rendemento acadado.

dos nosos fillos/as? Responde: Felicidad Barreiro Fernndez


[Profesora da Facultade de Ciencias da Educacin da Universidade de Santiago]

O tema
Unha sociedade multilinge un modelo de plurilingismo? Non, porque o multilingismo un fenmeno social e o plurilingismo unha caracterstica individual. Non todas as linguas dispoen do termo plurilingismo para marcar este feito distintivo. Debemos falar, pois, de persoas plurilinges e de sociedades multilinges.

5 claves para entender o plurilingismo


Jos Manuel Vez Jeremas
Catedrtico e profesor da rea de Didctica da Lingua e da Literatura da Universidade de Santiago Director do Observatorio Atrium Linguarum

1.- Na definicin includa no Marco europeo comn de referencia para as linguas [http://ir.gl/ bf5bd2] mrcase a nfase sobre: a) a persoa coma individuo/usuario nunha sociedade multilinge que emprega un repertorio de linguas en funcin dun propsito; b) a natureza psicolxica deste repertorio, que non unha ampliacin de linguas almacenadas en colectores separados senn unha intrincada rede de transferencias. 2.- A interpretacin na Gua para o desenvolvemento de polticas lingsticas educativas en Europa. Da diversidade lingstica educacin plurilinge [http://ir.gl/5ab160] clarifica: a) o plurilingismo cambiante e dinmico. Un individuo pode ter competencias de diferente nivel en varias linguas nun intre determinado e noutro as cousas poden cambiar; b) o plurilingismo non estrao; vivir xogando coa capacidade de alternancia e mestura de linguas o mis normal no mundo.

3.- O plurilinge tende a ser un individuo con boas actitudes e competencias interculturais. Comprende mellor e participa mis doutros puntos de vista, alimenta unha perspectiva crtica sobre as perspectivas dos demais e mantn vivo o desexo de actuar colaborativamente xunto a outras persoas. O plurilinge ten mellores opcins para ser un cidadn intercultural, tolerante e flexible, aberto ao dilogo entre culturas. 4.- A cuestin non discutir plurilingismo si/non, senn que tipo de plurilingismo queremos conseguir a travs do sistema educativo. Na rede galega dos centros plurilinges hai que ter en conta: a) o obxectivo do plurilingismo non ensinar contidos curriculares en ingls; desenvolver unha competencia plurilinge/intercultural como unha forma de vivir xuntos. Isto non posible sen unha toma de conciencia do concepto de equidade; 2) o plurilingismo xamais exclunte: ou inclusivo ou non plurilingismo. Coa achega do plurilingismo

global, unha nena sevillana/un neno zamorano incorpora sa competencia existencial as das linguas coa mis alta estima (ingls/espaol). O seu capital de conciencia lingstica diferente ao dunha nena galega/ un neno vasco. Estes ltimos han de incorporar as das linguas de prestixio a unha lingua propia, ambiental e oficial, que est en relacin asimtrica. A lingua vehicular franca non pode impoerse como factor de integracin global esquecendo as linguas vinculares da cidadana. 5- Familias e alumnos antepoen os resultados en ingls aos doutras linguas. preciso reflexionar sobre a diversidade como peza clave na construcin dunha cidadana plurilinge e intercultural: a lingua vehicular global pode non respectar as linguas vinculares cotis debido s relacins asimtricas entre linguas con gran/menor estima.

Palabras do ensino
Lines Salgado

{APROBAR ou APRENDER? [2]}Falabamos no nmero anterior


que aprobar e aprender non son a mesma cousa. Se lembrades, diciamos que aprobar era obter unha cualificacin de aprobado nunha materia ou nun exame e que aprender, anda que puidese parecer o mesmo, era unha cousa ben diferente.

Aprender adquirir o coecemento de algo por medio do estudo. Para aprender, temos que ter un dicionario ao noso carn cando estudamos e consultar todas as palabras que non comprendemos. Temos que ler toda a leccin, non s os apartados mis importantes. Temos tamn que ir lendo os libros de lectura con calma, reflexionando sobre eles, tratando de comprender o argumento e as reaccins dos personaxes. E tampouco estara mal facer unha pequena ficha de cada libro. As practicabamos os resumos. Para aprender debemos intentar relacionar as cousas das diferentes materias entre si, e non poer muros infranqueables entre o que de lingua, o que de matemticas ou o que de ingls. Para aprender debemos pasar tempo intentando descubrir como se resolve un problema que se nos atravesou. Para aprender temos que revisar os erros e corrixilos. Temos que refacer as lminas de plstica ata que saian ben, ou volver presentar os traballos que quixemos facer atalleiramente. Para aprender, sobre todo, temos que ser curiosos e non conformarnos cos mnimos. E non esquezamos que todo isto para algo, porque que mdicos, pescadeiros, condutores, avogados, fontaneiros ou veterinarios queremos que nos atendan no futuro? Os que aprobaron ou os que aprenderon?

Gracia Santorum

CADENCIAS
Para escoitar

A nena e o grilo nun barquio de Magin Blanco [Fol Msica]. Msica pop moi pegadiza acompaada de fermosas ilustracins de Leandro Lamas xunto con pequenas historias orixinais que nos levarn a unha viaxe apaixoante, ao mesmo tempo que estimula a curiosidade e a creatividade posto que nos ofrece actividades interactivas para pintar, escribir e debuxar.

Para ler
O carballo con botas de Anxo Moure [Sotelo Blanco]. Un libro para que os mis pequenos e pequenas entendan a importancia de coidar o medio ambiente, a fascinacin da natureza e o perigo dos incendios, que destren todo canto de noso. Pero un libro que tamn afonda na crueza da guerra e da soidade. E sobre todo, no medio da destrucin, do lixo, do vello... sempre xorde a esperanza, a vida, o futuro. E se os bosques teen rbores, ns teremos contos. Que sera do ser humano sen os contos?

Para visitar
A fervenza do zaro e o monte Pindo. Din que o Xallas o nico ro de Europa que desemboca en forma de fervenza sobre o mar. Sexa ou non sexa as, ningn galego nin galega debera deixar de visitar esta marabilla da natureza, un desnivel de 155 metros e unha altura de 40 metros para vermos o inmenso mar sentindo que o ser humano, anda que quen de destrur a natureza, segue sendo moi pequeno ao seu carn. esquerda, unha mole grantica de formas encristadas e caprichosas con profundos vales de difcil acceso, 627 metros sobre o nivel do mar, o inmenso monte Pindo.

Da lingua

Canto galego saben as nosas fillas e fillos?

Un dos temas clave do ensino actual a crecente preocupacin das familias en torno capacidade dos nenos e nenas para se comunicaren en varios linguas, nun contorno social e laboral que valora cada vez mis saber idiomas. Como nais e pais debemos preocuparnos polo nivel de competencia lingstica que van adquirindo as nosas fillas e fillos durante o ensino obrigatorio, especialmente nas linguas oficiais que define o Estatuto de Autonoma de Galicia, dicir, galego e casteln. E cando falamos de competencia lingstica estamos falando da capacidade que ten unha persoa para se comunicar sen dificultade nas diversas situacins da vida coti, interactuando con outras persoas de modo natural e fludo. Porque comunicarse a travs dun idioma implica un conxunto de habilidades sociais que podemos sintetizar na capacidade para entender, ler, escribir e, sobre todo, falar. En contra do que moitos poderan pensar, no noso contexto, e dada a maioritaria presenza do casteln nos medios de comunicacin e nas actividades de consumo e de ocio, debemos preocuparnos, sobre todo, de que as nosas fillas e fillos adquiran a necesaria competencia lingstica en galego. unha responsabilidade nosa como pais e nais axudarlles a que adquiran esa competencia, pero tamn unha responsabilidade nosa esixirlle a Administracin, aos centros de ensino (e ao seu profesorado) que os rapaces e rapazas rematen a etapa do ensino obrigatorio sabendo expresarse correctamente na lingua propia de Galicia.

También podría gustarte